28/2/10

OS AMIGOS E A SAÚDE SON O PRIMEIRO

Os alumnos e alumnas de 4ºA estiveron escribindo contos tendo por protagonista a natureza. Deixámosvos unha pequena mostra.



Érase unha vez unha árbore chamada Limoeiro. Tiña uns amigos, un arbusto chamado Hibisco e unha planta chamada Trébol. Un día, paseaba polo campo, unha nena que se atopou a trébol, e como ela oira que daban boa sorte, levouno para a súa casa. Hibisco deuse de conta daquel rapto, e oía a Trébol pedir axuda, na linguaxe das plantas, pero non puido facer nada por salvalo. Pasaban os días e Trébol estrañaba aos seus amigos e intentou fuxir. Saíu da maceta na que estaba plantado pero... pronto comezou a sentirse débil, non tiña sales minerais, nin auga, aínda que si demasiada luz solar. Conseguíu chegar ata o bosque e alí, nun curruncho quedou desfalecido. Limoeiro, viu a Trébol e coas súas ramas colleuno e meteuno de novo na terra. Trébol deuse de conta de que os amigos e a saúde son o primeiro.
Leire Bayona Díaz

No hay comentarios: