21/2/10

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA




Hoxe, 21 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Língua Materna, data que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.

Podedes atopar recursos para traballar esta data na páxina da SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGUÍSTICA