20/12/13

UN LIBRO POLO NADAL







As portas da nosa biblioteca abríronse un ano máis para presentar as novidades dalgunhas editoriais. Esta actividade está incluída dentro da nosa campaña "Un libro polo Nadal". O noso alumnado pode visitala durante o mes de decembro e os martes pola tarde as familias,  para xuntos escoller posibles títulos e poder incluílos na lista de agasallos.

Non vos esquenzades... UN LIBRO POLO NADAL!!!

BO NADAL E FELICES LECTURAS! 



18/12/13

RADIO GOMINOLA, A RADIO DA NOSA ESCOLA






Unha vez máis a Radio Gominola retomou as súas emisións, neste caso con motivo do Nadal. Os programas  foron elaborados polo alumnado de 6º.
 Tivemos de todo: enquisas, cancións, poemas...

10/11/13

CELEBRANDO O SAMAÍN











Un ano mais celebramos o Samaín no cole e a biblioteca vestiuse para a ocasión .
 Pasamos mooooito meedo coas historias que escribiron, leron e incluso interpretaron algúns rapaces e rapazas. Tamén rimos ás gargalladas con algunha das vosas interpretacións. Disfrutamos cos relatos e   unha vez máis demostráchedes o voso talento.

Coma sempre houbo unha exposición de libros , na biblioteca, habitados por trasgos, meigas, fantasmas, monstruos…

Un ano máis o Samaín deu moito que ver e escoitar!

Pasámolo de medooooo!!!

3/11/13

OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA




Para celebrar o mes das bibliotecas escolares organizamos diferentes actividades:
  • Posta en marcha das mochilas viaxeiras para  fomentar a lectura. Comparten coas súas familias  os libros, as revistas e as películas cos que a mochila vai cargada. Poden deixar  suxestións ou contar a experiencia de lectura compartida no "diario da mochila.
  • Comenzo da HORA DE LER
            


  • Exposición  “Lendo Ciencias na biblioteca” que foi visitada polos diferentes cursos incluso polos máis pequenos.






Exposición  “Eu leo”. Cada alumno escribía o título do seu libro favorito adornándoo como se fose o lomo dun libro e así con eles puidemos encher os andeis do corredor.


6/10/13

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR



O cartel que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita todo os anos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da celebración do mes da biblioteca escolar que propón a IASL, leva o lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR. Con este lema inténtase sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos pódense atopar na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.

Xa vos iremos informando das actividades que temos programadas para este mes.

FELIZ MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!

21/6/13

LECTURAS REFRESCANTES PARA O VERÁN


Xa rematamos o curso e a piques de comezar o verán , presentámosvos unha selección de lecturas que fixemos para que disfrutedes das vacacións xunto cun bo libro.






BOAS LECTURAS... E FELICES VACACIÓNS!!!

18/6/13

DESPEDÍMONOS CO LIBRO AÍNDA QUEDAN PIRATAS NA COSTA DA MORTE




Con este libro AÍNDA QUEDAN PIRATAS NA COSTA DA MORTE finalizamos as reunión do Club de Lectura 2012-13.
A pregunta:
 Que palabra che ven a mente cando pensas no libro?
Respondemos: aventura, intriga, interesante, piratas, tesouro, aturuxo, adolescentes… GALICIA.
Como moi ben nos dixo Gemma, este libro  ten moito que ver con GALICIA, a nosa terriña:
 Nel aparecen elementos xeográficos: Costa da Morte, Finisterra,  Faro de Cabo Vilán, San Andrés de Teixido, Camariñas. Costa da Morte, soubemos que leva ese nome polo moitos naufraxios que alí ocorreron. Di a lenda que “a San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo”. Descubrimos que de todos os lugares que menciona, o lugar onde vive Calorina, Codeiro, é o único que é imaxinario.
Elementos tradicionais que forman parte da nosa cultura: Conxuros, queimada, lendas de vampiros e lobishome, as festas do verán.
“A Illa do Tesouro” (en dous idiomas), A pousada de Xamaica, libros de psicoloxía, obras completas de Stevenson son libros que ten a familia de Carolina. Salta a vista o amor por eles sente Carolina, dicía que  no desván podía “servirse á carta”.
 Adriana sinalou que lle gustara especialmente “Ademais afeccionarase á lectura e lía toda clase de libros dos máis variados temas, deixándose levar pola curiosidade e polo impulso , con saborosa e caótica desorde”. Ela díxonos que lle pasa igual, que tamén se sinte curiosa e quere saber.
Esta historia de amor entre adolescentes, piratas  e tesouros, levounos a reflexionar sobre:
Educación: coincidimos en que o que realmente importa é como nos eduquen as nosas familias e non o lugar onde esteamos.
Que os libros hai que descubrilos, facerse o
seu amig@ ata que te enganchas a eles, como lle ocorreu a Hector.

FOI UN PRACER TERVOS A TOD@S NO CLUB DE LECTURA.

10/5/13

LETRAS GALEGAS 2013


Este ano dedícanse as LETRAS GALEGAS  a ROBERTO VIDAL BOLAÑO e dende este espazo ofrecémosvos a posibilidade de coñecelo un pouco mellor. Clica nas imaxes.



O CPI de Dices preséntannos este xornal



Dende o Ceip García Barbón achégannos este LIM: Que comece a función!!

 No espazo abalar podemos atopar este BRINCALETRAS sobre Roberto Vidal Bolaño, similar a un PASAPALABRA. 
Seguro que cando remates xa coñeces moito mellor a este personaxe das nosas letras.

9/5/13

VISITA DA ESCRITORA ALICIA BORRÁS





Fai uns días tivemos a sorte de recibir a visita de Alicia Borrás, a escritora de Nata y Chocolate. Falounos do libro e de moitas cousas máis. Alicia desplegou a súa voz maravillosa e nos transportou ao universo de Sonia, a nena  albina.Todos coincidimos en que temas como a defensa da diferencia, o respeto aos demáis, a solidariedade, o amor  polos libros, o papel dos profesores...  incúmbennos a todos. Esta conmovedora historia de superación persoal, escrita con coñecemento de causa pois, como nos comentou a propia Alicia, ela  e Sonia teñen moito en común. 
Debo felicitar a todos os participantes pola súa atención, as súas preguntas... De maneira especial damos a noraboa a Gema pola súa bonita presentación e a todos os do club de lectura que nos axudaron na decoración.

Esperamos que non sexa esta a única visita de Alicia.

Ata a próxima e felices lecturas..

24/4/13

APADRIÑANDO LECTORES


Chegou o gran día!!Durante toda a semana os padriños e madriñas (de 6º a 3º) foron coñecendo aos seus afillados e afilladas (EI, 1º e 2º) e escollendo os contos que lle ían ler. Unha vez elexido tiñan que practicar a súa lectura.
Despois do recreo os padriños e madriñas foron buscar aos seus afillados ou afilladas e nun lugar tranquilo do patio se acomodaran e disfrutaran do seu conto.
Algúns padriños e madriñas leváronnlles incluso algúns regaliños, como marcapáxinas feitos por eles, e outros atopáronse que os afillados tamén lles tiñan algúnha sorpresiña, tamén feita por eles.
Levamos varios anos realizando esta actividade e seguimos comprobando como disfrutan con ela. Xa están desexando que pase outro ano para repetila.

 Noraboa a todos!!!




23/4/13

FELIZ DÍA DO LIBRO

Neste día celebramos o Día do Libro (tamén denominado Día Internacional  ou Día Mundial do libro). A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
Un ano máis celebramos, no noso centro, esta data  con diferentes actividades ao longo de todo o mes de abil. Abril é o mes dos libros.  

  • Exposición de libros feitos polos rapaces e rapazas durante o curso.

  • Posta en marcha do Recuncho de Don Moucho durante este trimestre.
  • Apadriñamento lector.

  • Visita de Alicia Borrás, escritora de Nata y Chocolate, un libro co que traballamos no segundo trimestre, no CLUB DE LECTURA e logo nas aulas do 3º ciclo. Esperamos impacientes que chegue o luns para coñecela.