20/11/08

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

O 20 de novembro de 1959 a Asamblea Xeral da ONU aprobou a declaración dos dereitos dos nenos e suxeriu que todos os gobernos celebraran ese día.

Hoxe estivemos traballando nalgunhas aulas sobre este tema, e este foi o resultado.

19/11/08

A RULETA DAS PALABRAS

Hoxe propoñémosvos un xogo, que pertenece ao portal educativo da Junta de Andalucía e chegounos vía O recanto de Mik e ANB.

16/11/08

HORA DE LER


Hoxe queremos dedicarlle este pequeno espazo aos tempos de lectura que se lle adican no colexio. Cada curso que pasa son máis os que se contaxian desta proposta.

Cada nivel escolle os seus tempos pero hoxe quereémosvos falar dos do 3º ciclo.

Eles decidiron facelo despois do recreo.


Antes de baixar ao recreo, todos (o profe tamén), deixan o libro que van ler enriba da mesa ,listo para chegar e abrirse.


O primeiro que fai o encargado do día é pendurar, no tirador exterior da clase, o cartel de “NON MOLESTEN”,esto axuda a crear un clima de calma, os profes tamén se sentan a ler e entre todos se fai o posible por deixar entrar na aula o ambiente máxico que crea a lectura ...

Presentámosvos estas imaxes para que as disfrutedes







13/11/08

LA CANCIÓN DE AMINA NO CLUB DE LECTURA




O segundo grupo do club de lectura tamén se xuntou para falar do libro deste mes, "La canción de Amina".
Tampouco podía faltar o bizcoito de chocolate!!
Este foi un libro que nos chegou a todos moi adentro e que nos permitiu coñecer outras culturas.
Un dos aspectos que máis se destacou foi o papel da muller noutras culturas, a diferencia de oportunidades por nacer muller.
Se queredes informaros máis non vos olvidedes de visitar o blog

Cantas cousas tamén aprendemos os profes con vós!

12/11/08

OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA NO NOSO CLUB DE LECTURA

Hoxe foi a xuntanza do primeiro grupo do Club de Lectura, o libro escollido para tal ocasión Os Megatoxos e a espada esmeralda. A biblioteca só para nós, e para romper o xeo un bizcoito de chocolate caseiro e unhas galletiñas.
Foron momentos moi especiais pero se queredes saber algo máis podedes visitar o blog do noso Club de Lectura




9/11/08

AS MOCHILAS VIAXEIRAS XA ESTÁN EN MARCHA




O curso pasado
as MOCHILAS VIAXEIRAS visitaron numerosos fogares dos nosos alumnos e alumnas, pero foron só uns poucos. Na avaliación final foron moitos os que reflexaron a necesidade de ter unha para cada aula, e o conseguimos.
Este ano xa está en marcha unha para cada grupo.


¡¡¡Disfrutade da lectura e do cine en familia!!!


6/11/08

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA



Non vos esquenzades que esta semana volve a xuntarse o club de lectura.

O mércores 12

1º grupo co libro "A canción de Amina"

O xoves 13

2º grupo co libro "Os Megatoxos e a espada esmeralda"

Se queredes máis información sobre estos libros ou sobre o Club de lectura non vos olvidedes de visistar o noso blog

5/11/08

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO




POR FIN , POIDEMOS CELEBRAR O MAGOSTO!!!

A CHUVIA FIXO UN DESCANSO
PARA NOS CONCEDER O DESEXO A
TODAS E TODOS!

MENTRAS SE ASABAN AS CASTAÑAS
BAILAMOS COA MÚSICA
DOS TÉCNICOS DE SON



TAMÉN HOUBO XOGOS…



HABÍA DÍAS QUE AS CASTAÑAS
AGARDABAN NAS CLASES, XUNTO CO BULLO,
PARA SER ASADAS EN FOGUEIRAS
AO XEITO TRADICIONAL.
PERO… ADEMAÍS CONTAMOS ISTE ANO
CUNHA NOVIDADE:
O ASADO EN TAMBOR!!!

UNHA REPRESENTACIÓN DA ANPA
ESTIVO ASANDO CASTAÑAS
PARA OS MAÍS PEQUENOS DO COLEXIO…

AGRADECEMOS MOITO A SÚA COLABORACIÓN!!



POR ÚLTIMO, FIXEMOS ENTREGA
DOS DIPLOMAS E AGASALLOS
AOS GAÑADORES
DO CONCURSO DA CASTAÑA…



E…ATA O PRÓXIMO MAGOSTO!!!

4/11/08

DESPEDIDA DA EXPOSICIÓN DE BONECAS E XOGUETES DE MILLO

O día 1 de novembro levamos á Praza Maior de Ponteareas
a preciosa exposición de bonecas e xoguetes de millo
do noso colexio,para acompañar a presentación
do nª 3 da Revista Oral : “ Fiar o Tempo”

QUE GRAN ACOLLIDA TIVO
ENTRE O PÚBLICO QUE A VISITOU!!

E … PARA NON ESQUECERNOS DELA …
GARDAMOS A SÚA IMAXE NESTE VÍDEO

DESEXAMOS QUE VOS GUSTE!!

3/11/08

FAI A TÚA CAVEIRA VIRTUAL

Dende o Recanto de MIK chéganos esta proposta que seguro que máis dun xa está desexando facer

GAÑADORES DO CONCURSO DA CASTAÑA


XA TEMOS AOS GAÑADORES DO CONCURSO:

“A CASTAÑA MÁIS

GRANDE E A MÁIS PEQUENIÑA”

DESTE ANO !!

ELÍAS DE 5ºA, POR TER ATOPADO

A CASTAÑA MÁIS GRANDE

E PAULA DE 6ºA , POR TER ATOPADO

A CASTAÑA MÁIS PEQUENIÑA


NORABOA !!


2/11/08

REVIVINDO AS ESPIGAS DE MILLO

Durante estas semanas as espigas de millo reviviron nas vosas mans coa axuda das vosas familias . Estos foron algúns dos resultados.O venres visitáronnos dúas profesoras rumanas e comentáronnos que alí é unha tradicción a elaboración das bonecas coas follas do millo.