30/4/09

MAIO FLORIDO E FERMOSO


“Marzo ventoso e abril chuvioso

fan un maio florido e fermoso”

Todos sabemos que o refraneiro popular

é moi sabio , así que a ver se podemos

disfrutar deste mes de MAIO

que nos trae dúas festas moi importantes

do noso Concello

e que tan ben representaron os de 6º A.

Vai adicado ás parroquias

de Angoares e Ponteareas, dí así:

“O primeiro domingo á Picaraña subirás

e se te espullas…

a San Benito de Angoares

aceite e ovos levarás”




29/4/09

UN SORPRENDENTE ACHADO NA BIBLIOTECA





Ola amiguiñ@s:

Xa sabedes que na escola celebramos no mes de abril unhas xornadas adicadas a ese mundo marabilloso da palabra e do debuxo, da lectura e da imaxinación. É o DÍA DO LIBRO. Foron momentos moi especiais: Exposicións; a volta de Susana Lamela, co seu belo libro recén saído da imprenta; as visitas á Biblioteca Municipal da “Perillana”, a presentación da campaña “A escola noutros países” con diseños exclusivos montados para o evento e moitas cousas máis.
Non podiamos deixar de comentalo para non esquecer endexamáis esa maxia que posúen os libros e o que se disfruta con eles. Pero esta carta pretende contar algo máis, un suceso estraño que aconteceu na nosa Biblioteca Escolar.

Resulta que, ninguén sabe de onde, apareceu un cestón cheo de libros de moitas clases e cores; non ten enderezo de saída, nin remitente, nin nada parecido. Son libros para nen@s, hainos grandes e pequenos, con pastas duras e brandas, con pouca e con bastante letra, troquelados, mesmo hai varios da mesma colección, ata hai un exemplar con forma de casiña cun elefante de peluche dentro. O máis curioso de todo é que están bastante usados pero ningún roto. Semellan haber pasado por moitas mentes antes de ficar aquí, por moitas “batallas”, de ter engaiolado a moit@s nen@s e a moitos pais e nais cando foron lidos e relidos.
Non sei, quizáis algún trasno lector, Don Moucho, un rato de biblioteca… un “león” indomable, tal vez. Ou ao mellor un neno ou nena xa aburrida de ler os mesmos volumes sempre. Unha doazón interesante, non credes?
Agora deberiamos pensar que imos facer co lote porque se ninguén o reclama como parece que vai ocurrir teremos que rexistralos como tantos outros e coidalos para sempre.E acariñalos e lelos, claro. Unha e outra vez.

Grazas ao noso amigo invisible. E que se repita moitas veces a mesma historia.



28/4/09

DOCUMENTÁNDONOS SOBRE COLOMBIA E ITALIA

Os alumnos e alumnas de 3 anos escoitaron na BIBLIOTECA un conto sobre COLOMBIA. Decidiron facer este conto porque na clase de 3 ANOS A hai unha nena que veu de Colombia e que se chama Isabella.
Cantas cousas aprenderon sobre este país!!



Os de primeiro, coa súa profe Gracia, quixeron investigar sobre Italia e estas foron algunhas das cousas que nos contaron.

27/4/09

DÍA DO LIBRO E EDUCACIÓN DOCUMENTAL

Este ano dende a biblioteca propúxose facer libros sobre “As escolas noutros países”, xa que este é o título do proxecto deste curso.Tiveron que documentarse sobre o país escollido, para logo expoñerllo aos seus compañeiros durante a semana do libro.¡Un bo xeito tamén de celebralo!. Non pensedes que foron só os de Primaria ,¡os de Infantil tamén participaron!
Aqui vos deixamos algunhas mostras destes traballos.






24/4/09

SOÑOS DE ANDEL



Esta semana tivemos a sorte de contar unha vez máis con Susana Lamela, para ler o seu libro, Soños de Andel, aos nenos e nenas de segundo de Primaria.

Falounos da vila de Lemoito, da súa biblioteca engaiolante e da historia de Ani. Ani é un libro contristado que pasa a vida no seu andel esperando que algún rapaz ou rapaza o leve de viaxe ás súas casas.El tamén ten moitas cousas que ofrecer:


“Eu teño historias de aventureiros

que descobren alén do mar,

historias de malvados piratas

que agochan fantásticos tesouros,

historias de mulleres que son quen

de rubir polos edificios

sen a axuda nin dunha corda,

historias de ladróns ousados

que atrancan bancos

e de valentes policías que deteñen ladróns,

mesmo historias de doncelas tan belas

coma un alaranxado solpor”


Houbo sorteo de varios exemplares deste libro, momento que se aproveitou para que ela os asinara. O seu curso do ano pasado agasallouna cunha recopilación de debuxos que fixeron con diferentes momentos do libro.

Disfrutamos duns momentos inolvidables con Susana e logo amosámoslle a exposición que fixemos coas portadas dos libros favoritos do noso alumnado.Os nosos corredoiros convertíronse en numerosos andeis de Lemoito.


¡¡¡Grazas Susana unha vez máis pola túa presenza!!!


13/4/09

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

O día 23 de abril celébrase o "Día do Libro".
Don Moucho propónvos, para esta semana, descubrir por qué se celebra este día e non outro.

PREGUNTAS


1. ¿Por que se celebra o "Día do Libro"?
2. ¿Por que se celebra ese día ?
3.Escribe o nome de dous escritores que morreron o mesmo día que Cervantes.
4. Escribe o nome completo, lugar, ano do nacemento e morte de Cervantes.
5. ¿Por que se lle chamou "O Manco de Lepanto"?
6. ¿Sabes o nome completo da súa obra máis coñecida?
7. Escribe as palabras, coñecidas mundialmente, coas que empeza O Quixote.

As respostas podedes atopalas nos seguintes enlaces presionando nas imaxes:

Día do libro



Vida e obra de Cervantes




¡Busca, busca e atoparás as respostas!

¡Anímate a investigar
e un bo Sherlock Holmes serás!

12/4/09

SELO VIOLETA



O blog "O RECANTO DE MIK" acábanos de conceder un selo moi especial, "o selo violeta" que representa, segundo os seus creadores, “as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

Mil grazas Mik por lembrarte de Bibliobrey.


As regras son as seguintes:

  • Exhibir o Selo Violeta no seu blog coas regras
  • Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo
  • Avisar aos indicados, non te esquezas diso!
  • Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Os blogs violetas elexidos son:


Mesturas
Bibliopazos
Bibliotecadocole

Raioteca
O Segrel do Penedo
Trafegando ronseis
Biblioblogreboreda


A quén non lle gustaría ter poderes máxicos ? Pintar obxetos que se fan realidade . Ser capaz de dominar o tempo, viaxando ao pasado e ao futuro. Xerar riquezas por arte de maxia para axudar a xente necesitada e facer felices aos seres queridos.



BLOG MANEIRO




Non o ides crer pero ¡acaban de darnos un premio! Chéganos dende a biblioteca do CEIP de Milladoiro , Malpica, dende a Biblioteca do CEIP de Cervo , dende O Segrel do Penedo e dende a Bibliotecadocole . As palabras "Olha que blog Maneiro" significan algo así como "Mira qué blog tan creativo, bonito..".
É unha honra para nós e dende aqui o noso agradecemento e recoñecemento para eles. Esto danos ánimos para continuar compartindo o noso traballo.

Esta mención ten as súas regras que son:

• Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
• Pór o nome do blog que cho deu.
• Indicar os teus 10 blogs.
• Avisar aos indicados.
• Publicar as regras.
• Comprobar que os blogs indicados sigan as regras.

Nos pasámoslle o premio a:

O Recanto de Mik
Bibliotecadocole
Bibliocervo
Raioteca
O Segrel do Penedo
Bibliobelesar
Biblioteca Milladoiro Malpica
Cadernos de Vide
Biblioteca do Ceip de Pazos
Curso de sexto en Quintela

Grazas a todos por compartir os vosos traballos. Como ben dicía Antonio Machado :

"En cuestión de cultura e de saber, só se perde o que se garda e só se gana o que se dá"




1/4/09

CHEGOU ABRIL


Empezamos un novo mes con sol!!

aínda que o refrán popular

dí que: “En ABRIL …augas mil”

e …non sabemos si se cumplirá…

Vos presentamos o mes ilustrado por

Teresa Pereira de 6ºC

adicado á parroquia de Ribadetea

con esta rima:


“Con paraguas e sen el

hei de ir o vintetrés

á parroquia de Ribadetea

pois o San Xorxe se celebra!!