31/3/09

FERMÍN BOUZA BREY



A Concellería de Cultura,de Ponteareas ,leva organizando Xornadas de achegamento á figura de Fermín Bouza-Brey,a quen nós debémoslle o nome do noso centro,e nas que se afondou na súa vida a través de senllas conferencias .
No noso centro tamén puidemos disfrutar dunha destas xornada, tivo como obxectivo homenaxear e difundir a obra e figura do insigne escritor ponteareán, o día 31 de marzo, data do seu nacemento.
Aprendimos moitas cousas da súa vida e tamén escoitamos algúns dos seus contos e poemas.

28/3/09

6ª XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA




Os rapaces e rapazas do noso Club de lectura están lendo "Bala Perdida", o primeiro grupo, e "Malekín o el secreto del armario", o segundo. Volveremos a xuntarnos para falar de libros, e que mellor día que o 23, día do libro.

E se queredes deixar comentarios ou opinións sobre estos libros entrade no Blog do noso club no enlace da dereita:


Esperámosvos!

25/3/09

MARZO POÉTICO EN IMAXES

Hoxe deixámosvos unha pequena reportaxe de diferentes momentos poéticos cos que disfrutamos durante este mes.
Animámosvos a que sigades lendo poesía, non só durante este mes, senón durante todo o ano.


24/3/09

MARZO POÉTICO II

Antía é outra das nosas participantes no certame de poesía. Deixámosvos os seus versos, na súa voz, para que os disfrutedes




EL POEMA DE LOS ANIMALES

Mi colorido camaleón
lo compré en el mercado
él es muy dormilón.
¡Hay que estar muy callado!

Mi perro es negro y blanco
y es muy juguetón,
él es muy simpático
y también muy dormilón.

El marrón dromedario
es muy astuto,
está encima de mi armario
para darme un susto.

Mi tío tiene un loro
y es de colores,
todos le llaman Moro
y a él le gustan las flores.

Mi primo tiene un gato
y es de color blanco
todos le dicen que es tonto,
pero es muy simpático.

Mi tía tiene un pájaro
que se llama Riki,
él se posa en un faro
y se parece a Mickey.

Mi abuelita tiene una periquita,
ella se llama Princesa,
es muy bonita
y siempre tiene una fresa.


Antía Fernández (3ºB)

22/3/09

MARZO POÉTICO I

Os amantes da poesía puideron disfrutar a semana pasada das voces dos participantes no II Certame de Poesía. Deron lectura aos seus poemas na Biblioteca, isto foi todo un acontecemento, tendo en conta o pudor que algúns sinten ante a idea de dar voz aos seus versos.
Moitas grazas a todos pola vosa participación. Lembraros que estos poemas e os dos outros certames podedes atopalos na nosa biblioteca á espera de ser leído por todos aqueles amantes da poesía.

Desexamos que disfrutedes da súa lectura.

Durante estos días iremos amosándovos algúns desos momentos tan especiais.

Hoxe empezamos cos versos de María, alumna de terceiro, recitados por ela mesma.


17/3/09

A ESCOLA EN URUGUAY



O ano pasado estivemos traballando co proxecto "A escola no tempo e no mundo", pero tivemos que centralo só no primeiro apartado e decidimos deixar para este curso a segunda parte.

As actividades que levaremos a cabo dende este trimestre terán como marco "A escola noutros lugares" e queremos unilo co proxecto do ENDL centrado nas festas populares.

Hoxe visitounos Fabiana,a nai de Sol e Florencia, para falarnos do seu país, Uruguay, e de Estados Unidos, país no que estiveron vivindo estos últimos seis anos. Falounos dos sistemas de educación nestos dous países, das tradicións e festas populares.
Contounos que en Uruguay as clases empezan en Marzo e as vacacións de verán son en decembro, xaneiro e febreiro. Na maioría dos colexios de Montevideo teñen dous turnos, así uns teñen que ir polas mañáns e outros pola tarde.
As comidas son moi parecidas ás galegas(pan, empanadas, empanadillas...) debido a cantidade de galegos que emigraron a este país.
O Entroido é unha festa moi grande alí.Celébrase durante todo o mes de febreiro. As comparsas
actúan nos anfiteatros, ao aire libre, que hai en todos os barrios.
En Uruguay tomar o mate é un símbolo de amizade, é unha costume tan arraigada como a institución máis sólida. Para sorber a infusión utilizase unha cañita ou bombilla.
Rematou a sesión falándonos de Florida e do susto que levaron co tornado Charlie.Menudo susto!









16/3/09

SOÑOS DE ANDEL



Hoxe recibimos unha visita moi especial, a de Susana Lamela. Moitos de vós a recordábades xa que estivo o pasado curso como profesora no noso cole. Veunos dar unha gran sorpresa, presentarnos o libro que lle acaban de publicar.Agasallou aos seus antiguos alumnos e alumnas cun exemplar adicado para eles e deixounos outro para a biblioteca.
Comentounos que tiña escrita esta historia dende fai varios anos, pero non se decidiu a sacala á luz ata que lla contou aos seus alumnos do ano pasado e deuse conta que lles interesaba.
Nunha vila, chamada Lemoito, existía unha biblioteca feiticeira á que acoden moitos nenos.Nesa biblioteca vive un libro, Ani, que pasa os días no seu andel esperando que alguén o saque daquel lugar.
Moitos xa puidemos disfrutar desta historia e recomendámosvos a súa lectura.

Grazas Susana!!!


15/3/09

O RAIO VELOZ


A pasada semana tivemos dúas sesións do club de lectura arredor do libro O Raio Veloz, de Agustín Fernández Paz. Comezamos de maneira distendida ao redor do bizcoito de chocolate, xa toda unha tradición, e das galletas.

Un libro que deu para moito.

Empezamos a sesión lendo unhas palabras ditas por Adrián, o protagonista do libro:


"Cada persoa ten unha vida diferente, chea de historias que me encantaría descubrir.Historias tristes ou alegres, pero sempre tan fascinantes como a mellor das novelas"


Deixovos aquí as fotos destas sesións arredor deste libro .





12/3/09

MARIO, O CONTACONTOS



O pasado martes tivemos unha sesión de contacontos a cargo de Mario Tomás, para os alumnos e alumnas de cuarto de Primaria.
Contounos historias e tamén axudounos a inventar unha convertindo a algúns nos protagonistas: Breo de burro, Fran de coello, Jose de boi..
Conseguiu transformar o seu pano do pescozo nunha serpe, nun cabalo, nunha alfombra máxica...
O maís incrible foi cando nos presentou ao seu amigo Segismundo, un carrillón de colores relucintes.Este cos seus sons trataba de contarnos cousas que tiñamos que ir descubrindo.
Foron momentos de maxia cos que conseguiu encher toda a biblioteca.


RATA LINDA DE COMPOSTELA



Esta semana puidemos disfrutar dunha animación da obra de Bernardino Graña , Rata Linda de Compostela. Nesta obra recrease en romance o conto da Ratiña Presumida, situando a historia nos arredores de Santiago de Compostela. A ratiña protagonista vive nun pazo do Monte do Gozo. A sorte fai que atope un peso co que ha mercar un lazo para estar máis fermosa. A súa beleza será reclamo para varios pretendentes que lle requiren amores. Sen embargo, a ratiña aprende que é mellor non facer caso das palabras baleiras por moi fermosas que estas sexan.

Chus Álvarez e Antonio, da compañía de teatro Casa Hamlet, fixéronnos disfrutar desta historia dun xeito moi especial.



Os que non leíchedes todavía o libro non vos olvidedes que merece a pena e que na biblioteca o podedes atopar.

Non vos perdades esta oportunidade!!!



8/3/09

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora, e como pequena homenaxe deixámosvos este texto de Olga, do CEIP Milladoiro - Malpica que podedes ler a continuación:

Anos cincuenta. Un exército bulangueiro de mozas percorre cada mañá os camiños para chegar ó taller no que serán aprendizas e logo, se lles aproveita o aprendido, oficialas e...COSTUREIRAS.Coas primeiras ganancias mercarán o seu propio medio de produción: a MÁQUINA de COSER. Alfa, Singer, Refrey, Sigma... están nos soños destas mozas que se farán expertas en zurcidos e remendos e en corte e confección (A miña muller/filla ten dúas carreiras, bromeaban os homes) Mozas que se farán contratar por horas ou por xornadas nas casas que poidan pagalo e logo, ó volver ás súa, coserán toda a roupa da familiar.

O seu traballo ten ademais un grande valor engadido para a casa pois os seus coñecementos supoñen unha fonte de aforro e, en moitos casos, de ingresos. Desde un pantalón de mahón a un enxoval ou un traxe de noiva... ¡non hai peza que se resista!Aqueles talleres eran a FP das mulleres galegas. Lugares nos que se sentaban en círculo en sillas costureiras, lugares de charla e de bromas (Vai buscar a pedra de afiar as agullas, era un encargo frecuente para a recén chegada) de complicidades, de rivaliades, lugares de coñecemento moi especializado: multitude de tipos de oxais, de sisas, de cuellos, de petos, de telas...cada un co seu nome propio. Auténticos templos de aprendizaxe. O mundo en feminino.

Traballo senlleiro da conciliación familiar, podía facerse na propia casa. Tódolos fogares tiñan un cuarto da costura cando aínda non era moda que cada fillo tivese o seu dormitorio.. Esta fonte de ingresos, nunca suficientemente valorada, permitiu pagar o transporte dos fillos para ir estudar, pagar a letra do coche, do piso recén adquirido, pagar... Senlleiro tamén en innovación e documentación: da máquina de levar na cabeza, pasaron á de pé e á automática. Calquera costureira era quen de interpretar complexos planos, tamén chamados patróns, e lía con facilidade revistas estranxeiras sabendo que burda significa centro de documentación de moda.Logo chegou o listo para levar e a confección barata. E foron desaparecendo as tendas de telas e os talleres. Algunhas, tentaron facerlle a competencia á produción industrial etiquetando co seu nome as prendas que saían do seu taller. Pero non sobreviviron.

Hoxe. Cada mañá, un exército silandeiro de mulleres percorre os camiños (agora en coche) para entrar a tempo nos talleres industriais nos que se sentan en filas de costas unhas ás outras, descoñecen o proceso completo da confección e cobran infrasalarios. Pero están aseguradas. E cosen, en xeral, para unha firma masculina.Na lembranza de Carme, Maruxa, Tiluca, Victoria, Reme, Loli e todas cantas vos fixeron a roupa.

CEIP MILLADOIRO, Malpica.


Seguro que nas vosas familias tamén existiu ou existe algunha costureira, aproveitade esa historia para escribila e compartila con todos nós estarémos esperándoa na biblioteca.


5/3/09

MARZO, MES DA POESÍA

Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, como xa ben sabedes no noso centro dedicámoslle moito máis cun día.
Xa imos pola terceira edición do certame de poesía do mes de marzo.
Animádevos a participar!!!


3/3/09

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Achégase o 8 de marzo, Día internacional da muller. A discriminación contra as nenas na educación forma parte dunha discriminación maior contra as nenas e as mulleres en xeral. En moitas partes do mundo as nenas e as mulleres son víctimas dunha serie de desigualdades fortemente enraizadas e baséanse a miúdo nunha cuestión cultural.

Sobre a importancia da educación das nenas, ninguén o expresou con tanta claridade como Mahatma Gandhi:

"Quen educa a un home educa a un individuo, pero quen educa a unha muller educa a un pobo".

Dende a Biblioteca propoñémosvos unha relación de recursos para traballar a coeducación :


* Unha webquest do CEIP Milladoiro de Malpica

Preme na imaxe para acceder á webquest.

*Unha "Procura do Tesouro" do CEIP Andrade de Pontedeume


Preme na imaxe para acceder á "Procura do Tesouro"


* LIBROS COEDUCATIVOS que están á vosa disposición na Biblioteca

*Poemas para traballar a coeducación


Preme na imaxe para acceder

2/3/09

XA CHEGA MARZO

Comeza un novo mes… e vendo a cantidade
de árbores xa floridas
parece que a primavera se adiantou….
De seguro que moitos paxariños
pronto virán a visitarnos!!

Hoxe presentámosvos un novo refrán
do mes de marzo, adicado á parroquia de Pías,
e ilustrado por Mª Sol de 5º C.

“Entre marzo e abril
sae oo cuco do cubil”…
Se miras que fai bo día
O 31 de marzo,

achégate a Pías…
para ir ao San Benito

de romaría!!



A ver se conseguides aprendelo de memoria!!


1/3/09

A FESTA DO ENTROIDO

O venres 20 celebramos a festa do Entroido co tradicional xuizo ao Meco.

Pasámolo moi ben: desfilamos, cantamos, bailamos, comemos lambetadas...
Este ano o tema do espacio foi escollido pola maioría dos cursos, así tivemos astros, turistas espaciais, habitantes…ratiños e ratiñas invasores. Os de Educación Infantil convertíronse en cociñeiros e cociñeiras por un día ,os maiores en Hippies e outros fixéronnos recordar como eran as feiras de antes.

Fixemos voar o novo globo que nos axudou a construir unha vez máis o avó de Fany.

Esta é a reportaxe do noso venres de entroido.



¡Ata o ano que ven!