12/3/09

RATA LINDA DE COMPOSTELA



Esta semana puidemos disfrutar dunha animación da obra de Bernardino Graña , Rata Linda de Compostela. Nesta obra recrease en romance o conto da Ratiña Presumida, situando a historia nos arredores de Santiago de Compostela. A ratiña protagonista vive nun pazo do Monte do Gozo. A sorte fai que atope un peso co que ha mercar un lazo para estar máis fermosa. A súa beleza será reclamo para varios pretendentes que lle requiren amores. Sen embargo, a ratiña aprende que é mellor non facer caso das palabras baleiras por moi fermosas que estas sexan.

Chus Álvarez e Antonio, da compañía de teatro Casa Hamlet, fixéronnos disfrutar desta historia dun xeito moi especial.



Os que non leíchedes todavía o libro non vos olvidedes que merece a pena e que na biblioteca o podedes atopar.

Non vos perdades esta oportunidade!!!



1 comentario:

Chispa dijo...

A min encantoume "Rata linda de compostela". Creo que dá moito xogo. Eu tamén recomendo a súa lectura. E moito mellor, se coma vós, se pode ver nunha representación.
Saúdos desde a Biblioteca do CEIP de Pazos.