17/3/09
A ESCOLA EN URUGUAY
O ano pasado estivemos traballando co proxecto "A escola no tempo e no mundo", pero tivemos que centralo só no primeiro apartado e decidimos deixar para este curso a segunda parte.
As actividades que levaremos a cabo dende este trimestre terán como marco "A escola noutros lugares" e queremos unilo co proxecto do ENDL centrado nas festas populares.
Hoxe visitounos Fabiana,a nai de Sol e Florencia, para falarnos do seu país, Uruguay, e de Estados Unidos, país no que estiveron vivindo estos últimos seis anos. Falounos dos sistemas de educación nestos dous países, das tradicións e festas populares.
Contounos que en Uruguay as clases empezan en Marzo e as vacacións de verán son en decembro, xaneiro e febreiro. Na maioría dos colexios de Montevideo teñen dous turnos, así uns teñen que ir polas mañáns e outros pola tarde.
As comidas son moi parecidas ás galegas(pan, empanadas, empanadillas...) debido a cantidade de galegos que emigraron a este país.
O Entroido é unha festa moi grande alí.Celébrase durante todo o mes de febreiro. As comparsas
actúan nos anfiteatros, ao aire libre, que hai en todos os barrios.
En Uruguay tomar o mate é un símbolo de amizade, é unha costume tan arraigada como a institución máis sólida. Para sorber a infusión utilizase unha cañita ou bombilla.
Rematou a sesión falándonos de Florida e do susto que levaron co tornado Charlie.Menudo susto!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario