31/1/10

EMIGRANTES



Hoxe recomendámosvos este precioso libro no que o autor non precisa de palabras para expresarse.

A través dunha serie de imáxes enlazadas, conta a historia dun emigrante que deixa o seu país en penosas circunstancias, ata chegar a unha nova cidade e aprende cómo vivir nesta.

O personaxe abandona o seu país de orixe en busca dun futuro mellor noutras terras, viaxando en barco xunto a persoas na súa mesma situación. Pero, ao chegar, atópase cun país donde todo é diferente: non pode ler os carteis, os edificios e transportes son estranos, a xente vai acompañada dunha mascota como nunca antes vira ningunha, a comida tamén resulta un impedimento máis…

É unha homenaxe a todas aquelas persoas que, por unha ou otra razón, nun momento das súas vidas tiveron que deixalo todo, embarcándose hacia un destino incerto. Inmigrantes, refuxiados e exiliados son a inspiración da que se nutre este relato, donde a expresividade dos debuxos sustitúen a presencia das palabra.
Fainos reflexionar sobre o que significa irse a outro pais con outra cultura, con outro idioma e sen nada máis que a maleta, os recordos, e as gañas de sair adiante.

29/1/10

MANIFESTO POLA PAZ






Os alumnos e as alumnas xunto cos profesores e profesoras, quixemos facer público o noso compromiso coa paz nesta celebración do Día Escolar Para a Non Violencia e a Paz.


Como xa sabedes, elexiuse a data 30 de xaneiro para conmemorar o asasinato de Mahatma Gandhi , ocurrido hai 62 anos. O amor foi a súa arma política, adicando a súa apaixonada atención aos problemas sociais, especialmente defendendo aos mais débiles do seu país, a India. Na actualidade é un símbolo mundial da paz e non violencia.


Como dixo Einstein, «quizais as xeracións vindeiras dubiden algunha vez de que un home semellante fose unha realidade de carne e óso neste mundo».


Hoxe, todas e todos xuntos ,quixemos manifestar que:


1- Todas as persoas somos responsables de que o mundo sexa cada día máis xusto, máis pacífico e máis seguro.


2- A paz constrúese día a día entre todos. Para conseguilo, podemos e debemos relacionarnos cos demais sobre a base do respecto, a escoita e o diálogo.


3- A violencia e o medo prexudican a todos, aos que o dan e aos que o reciben. A violencia e o medo nunca solucionaron un conflito, só o ocultan.


4- É posible cambiar o mundo se cambiamos nós e convencemos aos demais para que cambien.Non é doado, pero é posible e necesario.


Nós sabemos como se constrúe a paz e somos moitos os que a queremos. Por iso, propoñemos empezar a construíla hoxe mesmo e esforzarnos para que creza ao noso arredor e chegue a todo o mundo.


Para expresar este mesmo sentimento construimos a paz entre todos. Cada curso aportou, simbólicamente, a súa mensaxe de paz ,debuxada nunha caixa ,en diferentes línguas.Rematamos o acto cantando todos xuntos "Amiguiños todos, amiguiños xa".

28/1/10

O ROSTRO DA PAZ





MAÑÁN VENRES TODAS AS NENAS E NENOS DO COLEXIO, XUNTO COS SEUS MESTRES UNIREMOS AS NOSAS VOCES A FAVOR DA PAZ.
DIRÉMOLA EN MOITOS IDIOMAS PARA EXPRESAR O MESMO SENTIMENTO:

A DEFENSA DOS DEREITOS DE TODAS AS NENAS E NENOS DO MUNDO , PARA QUE DUNHA VEZ POR TODAS SE CUMPLAN ....PORQUE SEN DEREITOS, NON PODE HABER PAZ.

FACEMOS NOSAS AS PALABRAS DE PAUL ELUARD (poeta francés) escollidas do seu poema "O ROSTRO DA PAZ", ilustrado polo xenial pintor PABLO PICASO e que quixemos simbolizar a través do mural da entrada ao colexio.

Coñezo todos os sitios onde habita a pomba
E o máis natural de todos é a cabeza do home.

PARA TODOS PAN PARA TODOS ROSAS
Todos prestamos xuramento
E marchamos con paso de xigante,
non é tan longo o camiño que nos leva.

O home en busca da paz coróase de esperanza.
As nosas cancións chaman á paz
As nosas respostas son actos pola paz.
Abre as túas ás rostro fermoso
Impón ao mundo a cordura ...
A arquitectura da paz
Repousa sobre o mundo enteiro.

27/1/10

MÚSICA PARA A PAZ (III)




Co gallo do Día da Paz estos días todo o cole énchese de música e dos versos de Xosé Neira Vilas.
Aquí deixámosvos estos versos por se queredes seguir practicando.

AMIGUIÑOS TODOS
AMIGUIÑOS XA
OS NENOS DE EIQUÍ
OS NENOS DE ALÁ
OS NENOS DO MUNDO
TODOS A CANTAR
A UNHA MESMA VOZ
COLLIDOS DA MAN

CANTARELA NOSA
DE AMOR E DE PAZ
SEN PENCHAS NEN ODIOS
SEN FALSA IRMANDÁ
ROLDA DE SORRISOS
VEN DE MAR A MAR
CORAZÓNS ABERTOS
OLLOS DE AMISTÁ
OLLOS DE AMISTÁ


UNIDOS POLA MÚSICA FAGAMOS UN MUNDO MELLOR!!!

24/1/10

MÚSICA PARA A PAZ ( I )

Voces é un tema do disco de Chambao "Con otro aire", este tema está dedicado aos nenos e nenas de todas as partes do mundo que teñen todo tipo de problemas, tanto de alimentación como de educación....Con el pretenden denunciar outra forma de violencia: a inxustiza que se comete contra aqueles que menos teñen, especialmente contra a pobreza infantil.
Nos queremos unir tamén as nosas voces en contra da explotación infantil e a favor dunha infancia libre de violencia e de marxinación.
Invitámosvos a que escoitedes a canción e reflexionedes coa letra.



Malviven en medio de sociedades
que los ignoran
en barrios marginales
rodeaos de pobreza, dolor y sufrimiento
que los excluyen, condenan al silencio.

Alzar la voz
por la justicia
voces, voces, voces
alzar la voz
por la justicia
voces.

Lograr un mundo limpio pa nuestros niños
levántate y trabaja pa nuestra infancia
sensibilizarnos
que estamos embrutecidos
ver crecer a un niño en un lugar seguro.

Alzar la voz
por la justicia
voces, voces, voces
alzar la voz
por la justicia
voces.

La educación, la alimentación
se pueden hacer muchas cosas
la explotación, la marginación
se pueden hacer muchas cosas
yo quiero hoy denunciar
que se pueden hacer muchas cosas
por favor levántate y ayuda
se pueden hacer muchas cosas.

UNAMOS AS NOSAS VOCES PARA CONSEGUIR UN MUNDO MELLOR CHEO DE PAZ

18/1/10

DECÁLOGO PARA SER LINGÜISTICAMENTE SOSTIBLE

Vía o Lar de Frianciño chéganos este documento, froito dunha triple aportación: por unha banda, o Decálogo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, co gallo do Ano Internacional das Linguas e por outra, a tradución de Adelia Troncoso,compañeira do IES Val do Tea,de Ponteareas, e por último, a maquetación, que é obra do CEIP Frián,de Teis. Esperemos que nos sirva a todos para reflexionar.
Decálogo para ser lingüísticamente sostibles

17/1/10

POESÍAS PARA A PAZ

Estos días moitos de vos estades escribindo poesías para o certame, poesías para fortalecer a PAZ.
Queremos que disfrutedes, aprendendo e inventando poesías, disfrutando do ritmo e da sonoridade que nos aportan.
Hoxe amosámosvos algunhas feitas polo alumnado do colexio Jesús María,de Burgos. Se queredes lelas clicade enriba da imaxe.


15/1/10

III CERTAME POÉTICO PARA A PAZ:




BASES DO CERTAME:


•Poderán participar todos os alumnos e alumnas do centro.


•Os poemas deberán ser orixinais e inéditos.


•O tema debe ser sobre a
PAZ


•O certame quedará aberto a partir da publicación da presente convocatoria e pecharáse o VENRES 22 de xaneiro. Non se aceptarán traballos fora de plazo .


•Haberá un premio por participar.Os poemas quedarán na biblioteca.


•As obras presentadas publicaránse no blog da biblioteca.



ANIMÁDEVOS A ESCRIBIR!!!



4/1/10

XA CHEGAN OS REIS MAGOS

Xa se achega unha das noites máis esperadas por pequenos e grandes, unha noite chea de maxia e ilusión. Estamos impacientes esperando as sorpresas que nos teñen preparadas os Reis Magos, seguro que entre elas tamén haberá algún libro.
Se queres saber máis sobre a súa historia ,clica na imaxe, atoparás todo o que queres saber .



AQUÍ tes tamén unha páxina con poesías, panxoliñas, contos, adiviñas...

3/1/10

OS TRES REIS MAGOS

Hoxe tócalle o turno ao conto de Carmen, de 4ºB, moi axeitado para estas datas.
Se queres lelo mellor clica enriba das páxinas.



























NADAL E ECOLOXÍA

Hoxe invitámosvos a ler un dos contos de Nadal presentados no certame.

Mara e Miguel estaban no bosque buscando unha árbore para o nadal. De súpeto atoparon unha árbore perfecta pero cando o ían cortar…A ÁRBORE FALOU!!!

-Non me cortedes, por favor, son moi nova.

-Eeentón iiremos aa coortar ooutra-dixeron á vez.

-Non! Tampouco fagades iso!Mellor comprade unha árbore artificial- aconselloulles a árbore.

E, dende aquel día, todos os nadais usan a árbore artificial para decorar. Todas as árbores estánlles agradecidas por seguir o seu consello.



Antía Domínguez Graña 6ºA



Xa sabedes, ollo con cortar as árbores!!


NADAL E RECICLAXE





O termo reciclaxe parece extenderse cada día máis , e lóxicamente tamén ao nadal. Este ano enchemos o noso cole con bonecos de neve e árbores de nadal, feitos con material de reciclaxe, si de esos materiais que van parar á basura.
Quedámonos sorprendidos da creatividade do noso alumnado e das familias, á hora de darlle un segundo uso, a eses materiais que xa non serven: calcetíns vellos, teas, botóns, xornáis, cartóns,moquetas, botellas de refresco, latas…

A verdade e que non teñen nada que envidiarlle aos mercados!

Se queredes ver outras ideas, xa cara o vindeiro Nadal, podedes visitar os seguintes enlaces clicando enriba deles.

O mundo do reciclaxe

Adornos de nadal con material reciclado


Taller de reciclaxe para o nadal