Os alumnos e as alumnas xunto cos profesores e profesoras, quixemos facer público o noso compromiso coa paz nesta celebración do Día Escolar Para a Non Violencia e a Paz.
Como xa sabedes, elexiuse a data 30 de xaneiro para conmemorar o asasinato de Mahatma Gandhi , ocurrido hai 62 anos. O amor foi a súa arma política, adicando a súa apaixonada atención aos problemas sociais, especialmente defendendo aos mais débiles do seu país, a India. Na actualidade é un símbolo mundial da paz e non violencia.
Como dixo Einstein, «quizais as xeracións vindeiras dubiden algunha vez de que un home semellante fose unha realidade de carne e óso neste mundo».
Hoxe, todas e todos xuntos ,quixemos manifestar que:
1- Todas as persoas somos responsables de que o mundo sexa cada día máis xusto, máis pacífico e máis seguro.
2- A paz constrúese día a día entre todos. Para conseguilo, podemos e debemos relacionarnos cos demais sobre a base do respecto, a escoita e o diálogo.
3- A violencia e o medo prexudican a todos, aos que o dan e aos que o reciben. A violencia e o medo nunca solucionaron un conflito, só o ocultan.
4- É posible cambiar o mundo se cambiamos nós e convencemos aos demais para que cambien.Non é doado, pero é posible e necesario.
Nós sabemos como se constrúe a paz e somos moitos os que a queremos. Por iso, propoñemos empezar a construíla hoxe mesmo e esforzarnos para que creza ao noso arredor e chegue a todo o mundo.
Para expresar este mesmo sentimento construimos a paz entre todos. Cada curso aportou, simbólicamente, a súa mensaxe de paz ,debuxada nunha caixa ,en diferentes línguas.Rematamos o acto cantando todos xuntos "Amiguiños todos, amiguiños xa".
No hay comentarios:
Publicar un comentario