26/12/09

FESTA DE NADAL

Un ano máis rematamos este primeiro trimestre cunha festa chea de actuacións dos rapaces e rapazas, e tamén dos profes!!
Aqui deixámosvos unha pequena reportaxe fotográfica destes dous días.

20/12/09

CONTOS DE NADAL Á LUZ DAS VELAS

Velas acesas e música das panxoliñas foi a sorpresa que nos atopamos na Biblioteca esta semana pasada.
Velas acesas retratando o momento dos nenos e nenas que concentrados comezaron a lectura dos seus contos de Nadal
Velas acesas iluminando os libros e as caras do público presente. A biblioteca quedouse muda, ata que empezaron a ler os seus contos.
Nese ambiente, tan propicio para ler polo Nadal, fiáronse as súas historias á luz das velas



O último día María, pediunos para lernos un poema de Gloria Fuertes, moi axeitado para estas datas, "El camello", un dos seus poemas favoritos.


El camello se pinchó
con un cardo del camino
y el mecánico Melchor
con buen tino le dio vino.

Baltasar fue a repostar
más allá del quinto pino
mientras intranquilo Melchor
consultaba su "Longinos"'.

¡No llegamos, no llegamos,
y el "Santo Parto" ha venido!
son las doce y tres minutos
y tres reyes se han perdido.

El camello cojeando
más medio muerto que vivo
va espeluchando su felpa
entre los troncos de olivos.

Acercándose a Gaspar,
Melchor le dijo al oído:
Vaya birria de camello
que en Oriente te han vendido.

A la entrada de Belén
al camello le dio hipo.
¡Ay qué tristeza tan grande
en su belfo y en su hipo!

Se iba cayendo la mirra
a lo largo del camino,
Baltasar lleva los cofres,
Melchor empujaba al bicho.

Y a las tantas ya del alba
ya cantaban pajarillos
a la puerta de Belén
el supremo rey estaba

Los tres reyes se quedaron
boquiabiertos e indecisos,
oyendo hablar como a un Hombre
a un Niño recién nacido.

No quiero oro ni incienso
ni esos tesoros tan fríos,
quiero al camello, le quiero.
Le quiero, repitió el Niño.

A pie vuelven los tres reyes
cabizbajos y afligidos,
mientras el camello echado
le hace cosquillas al Niño.

15/12/09

REGALEMOS EN GALEGO


No CPI Vicente Otero Valcárcel,de Carral,o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística,o equipo da Biblioteca e o alumnado de 3º e 4º da ESO elaboraron este estupendo catálogo de material en galego.
Trátase dunha selección de agasallos en galego pensando neste Nadal.
Non perdades a oportunidade de coñecelo.


13/12/09

O APALPADOR

“O Apalpador” é un xigante, carboneiro de profesión, que ao chegar o Nadal visita as aldeas lucenses para “apalpar” as barrigas dos nenos e nenas. Comproba se están debidamente alimentados e deixalles algunhas castañas quentes, non sen desexarlles que non pasasen fame durante o ano seguinte.

Este ano publicouse o conto titulado "Antón e o Apalpador", unha obra de Manuel Castro e Mar Ameixeiras, e ilustrada por Francisco Ameixeiras. Conta a historia de Antón, un neno que viaxa ao Courel para pasar as vacacións coa súa madriña. Tamén contén seis páxinas de xogos por se queredes coñecer máis cousas sobre o Apalpador...
(Clicade na imaxe para ler este conto)


Fai clic na imaxe para ler esta versión de Xoán G. da Editorial Biblos.

O NADAL NO MUNDO


Un ano máis, chega o Nadal. Pero o xeito de vivir estas datas celébranse de xeitos diferentes nos distintos países do mundo. Dende
o Ceip Frián de Teis (Vigo) fannos chegar este material co que intentaremos coñecer como son estas datas noutros lugares.

Acompañádenos nesta viaxe !


Facede clic enriba da imaxe




Grazas por compartir este traballo Frianciño!!

11/12/09

O NADAL N A NOSA BIBLIOTECA



Unha gran nevada cubriu a nosa Biblioteca , pintándoa branca, máis branca que nunca.
Os copos depositáronse nos tellados dos andeis, donde se refuxian os libros.
A nosa mascota, Don Moucho, tamén se vestiu para a ocasión.
Todo está a punto
:

  • Exposición de libros de Nadal, dos fondos da biblioteca.
  • Lectura nos recreos das narracións presentados no certame de "Contos de Nadal"
  • Exposición de libros prestados por algunhas editoriais. Será visitada cos titores ou nos recreos. O martes 15 poderán visitala coas familias de 4 a 6. Forma parte da campaña "Un libro polo Nadal".






8/12/09

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro celebramos o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS. Unha data especial que dende as bibliotecas escolares queremos achegar ás nosas comunidades educativas para o que tratamos de recopilar recursos que faciliten o traballo e axuden á reflexión.
Unha boísima webquest, chéganos dende o Ceip de Andrade, para traballar co alumnado do terceiro ciclo de Primaria :


Dende o IES Río Cabe tamén nos chega un novo cartel para conmemorar a celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos.





Grazas por compartir o voso traballo!!!


1/12/09

III CERTAME DE CONTOS DE NADAL



BASES DO CERTAME:


•Poderán participar todos os alumnos e alumnas do centro.


•Os contos deberán ser orixinais e inéditos.


•O tema será sobre o NADAL


•O plazo de entrega remata o VENRES 11. Non se aceptarán traballos fora do plazo previsto,.


•Haberá un premio por participar.Os contos quedarán na biblioteca.


•As mellores obras presentadas publicaránse no blog da biblioteca.


•Se queres ler o teu conto, nos recreos poderás facelo dende o 14 ata o 18 deste mes



ANÍMATE A ESCRIBIR !!



CALENDARIO ILUSTRADO DE DECEMBRO

CHEGA O ÚLTIMO MES DO ANO 2009
E DESPEDÍMOLO COA BONITA
ILUSTRACIÓN QUE FIXERAN
O ALUMNADO DE 4º, NO CURSO PASADO.

ADÍCANLLO Á PARROQUIA DE GANADE
QUE O 13 DE DECEMBRO CELEBRA
A FESTA DE SANTA LUCÍA.

DÍ ASÍ O SEU REFRÁN:

“POLA SANTA LUCÍA BAIXA A NOITE E MEDRA O DÍA”

POR QUE SERÁ?


25/11/09

25 N: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As bibliotecas escolares galegas queremos aportar, aínda que sexa un gran de area, na loita contra este tipo de violencia.

Falaremos e traballaremos co noso alumnado un ano máis . É o noso labor axudar a construir unha sociedade máis xusta dende a IGUALDADE


Dende Trafegando Ronseis chéganos unha recopilación dos traballos aportados polas bibliotecas para estos días, e esta montaxe que nos axudará a reflexionar.







BASTA XA DE VIOLENCIA!!!


24/11/09

LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES

Mañá, 25 de novembro, celébramos o Día Contra a Violencia de Xénero.Neste día queremos reflexionar sobre iso. E un xeito de facelo é a través dos contos nos que se emprega a desigualdade entre homes e mulleres e a violencia contra as mulleres, moitas veces sen darnos conta.
Hoxe propoñémosvos un conto diferente da Cincenta, un canto á liberdade. Fai xa algín tempo que este conto só circulaba vía internet, pero agora xa está á venda e farémonos con él para a biblio.

Espero que vos faga pensar tanto como a mín.

Se o queredes coñecer premede aquí:


23/11/09

A IGUALDADE COMO SOLUCIÓN



A igualdade é unha boa solución contra a violencia de xénero. Propoñémosvos a lectura da seguinte historia , recollido polo Servizo Galego de Igualdade, para que logo reflexionedes.

Hai unha gata salerosa

que traballa cun camión,

conduce case todo o día

levando caixas á estación.

O seu home é un gato

que traslada a diario

peixe fresco e conxelado

para gañar o salario.

Ela non ve nin un euro

pois todo o garda el,

dálle moi xusto o diñeiro...

non goza nada del..

Chegan á casa á vez,

cansa ela e canso el,

deben facer a comida,

lavar, poñer o mantel,...

A gata xa fixo as compras

cando viña polo camiño,

o gato só trae un saco

co seu mono ben porquiño.

O gato, en zapatillas

senta no seu sillón,

colle o mando, dálle á tecla

e prende a televisión.

A gata mentres tanto

non para un segundo:

pela, corta, lava, frite,

limpa e frega,... todo xunto.

O gato goza arreo

vendo nese televisor

un programa de concursos

no que gañan un tambor.

A gata moi esgotada

limpa o po, varre o chan,

coloca ben a neveira,

e desconxela o pan.

Pronto o gato ten fame

- Gata tráeme un bocadiño!

A gata está farta, xa sabes,

mais prepara un xureliño.

O gato aínda protesta

porque está cru de máis,

e berra á pobre gata:

- Non o probaches quizais?

-Timbran á porta!- di o gato

berrando dende a butaca,

el non abre e vai a gata

pelando nunha pataca.

- Pásalle o ferro ao meu traxe

que o quero poñer mañá!

Non fai falla tanto tempo

para darlle a cea a mamá!

Á gata, que non para,

dóelle até o peroné,

o gato escoita un barullo:

- Está chorando o bebé!

A que non sabes quen

lle cambia o cueiro ó bebé?

A gata, claro, pois claro,

o gato non move un pé.

Por que non traballa o gato

se é tamén a súa casa?

A gata non para un intre,

sabes ti que é o que pasa?


Texto: Azucena Arias



Despois de ler o texto, seguro que xa descubriches as diferenzas entre o gato e a gata.Como resolverías esa discriminación? Fainos chegar as túas propostas.






22/11/09

ARTE CO PAPEL DOS LIBROS




A británica Su Blackwell crea historias co papel de libros vellos. Co mesmo papel
móstrarnos fermosas esceas da literatura. Cos recortes consigue facer reais, ambientes da nosaa imaxinación dun xeito sorprendente .

Unha boa maneira de darlle outro uso aos libros que non serven.

Se entras na súa web poderás disfrutar do resto da súa obra.




AS PANDERETEIRAS DE VILAR NO COLE





Fai uns días tivemos a sorte de disfrutar da visita dun grupo de pandereteiras de Vilar. Deleitáronnos coas suas composicions ...


Contaxiáronnos coa súa música e... ata conseguiron facer bailar ao profe Guillerme!!


20/11/09

LEER.ES, NOVO ESPAZO PARA LECTORES E LECTORAS


O Ministerio de Educación acaba de presentar o centro virtual para a lectura e as persoas lectoras, LEER.ES, creado en colaboración coas Comunidades Autónomas, a Real Academia de la Lengua Española e o Instituto Cervantes.. Neste espazo poderanse atopar estímulos diferentes para a formación dos rapaces e rapazas como lectores de todo tipo de textos (icónicos, textuais, multimedia...) e para a produción e difusión das súas propias creacións.

Leer.es tamén é un espazo para as familias e para os docentes, un lugar de encontro para os mediadores na tarefa de construir unha sociedade lectora. Coas achegas dos lectores e lectoras irase enchendo de contidos. Dispón dun bo número de documentos de interese sobre a lectura e a formación dos lectores que recomendamos.

Non pasedes de visitalo!!!

(Vía Bibliotecas Escolares)


19/11/09

TEATRO EN VIGO E MERENDA NA PRAIA


Onte os de primeiro fomos ao Teatro Caixanova a ver a obra "Historias de un árbol milenario" , e aínda que os profes xa nos prepararan no cole, sobre o que íamos ver, cando se apagaron as luces, uf!!, algúns asustámonos un pouqiño.

Despois disfrutamos moito dos contos e fábulas que a árbore lle contou ao leñador, para que non o cortara.Faloulle da importancia do bosque, dos animais, da terra e da auga, e tamén do respeto pola vida.

Agora xa estamos preparados para irnos de teatro cando sexa. Portámonos tan ben que logo leváronnos a merendar a praia. Enchemos a praia de castelos!!!

Ensinámosvos algunhas fotos para que vexades que contentos estabamos.




18/11/09

AS IMAXES VALEN MÁIS QUE MIL PALABRAS

As caras reflexan a maxia que inundou o noso cole nese día tan especial

16/11/09

CHEGOU PAULA CARBALLEIRA








Hoxe tivemos a grandísima sorte de contar coa escritora Paula Carballeira.
Foi impresionante chegar á clase de 4ºB con ela, dos que representaron a súa obra "O Lobishome", e de súpeto oír berraren a todos:Paula!!. Quedei sen palabras ao ver as súas caras de entusiasmo. Non a presentamos, porque sentimos que sabían todos eles máis dela ca nós. Era de verdade!!!

Todo foi moi doado porque Paula é unha persoa moi sinxela e próxima.
Despois tivo a xuntanza co club de lectura e ao final pasamos ao ximnasio onde lle fixemos un pequeño acto, con recitado de poesías dela, pequena escenificación da obra de “O Lobishome”e algunha sorpresa máis . Cando rematou, pedimos que nos contase un conto.. É incrible como nos emocionou!


Grazas Paula por contaxiarnos do teu amor polas palabras e polos libros.



15/11/09

PIRATAS NA BIBLIOTECA


Durante estas semanas poderedes disfrutar dunha nova selección de libros.Zarparemos tratando de vivir novas aventuras cos piratas!!!
Don Moucho xa está vestido para tomar o timón e surcar os mares.

Asegurámosvos diversión a babor e estribor.


Non volo verdades!!!





Por se vos queredes ir ambientando aqui tedes esta canción




14/11/09

HAI AUGA NA LÚA

A NASA acaba de confirmar que hai auga na lúa, unha cantidade importante de auga conxelada nun cráter.

“Encontramos agua y no solamente un poco, sino una cantidad importante”, indicou nunha conferencia de prensa Anthony Colaprete, responsable científico da misión LCROSS (Lunar Crater Observation and Sensing Satellite).

Atopar auga na lúa foi posible gracias á misión LCROSS, que consistiu en bombardear o pasado 9 de outubro un foguete no cráter Cabeus, preto do polo sur da Lúa, para logo poder observar o seu interior.

Se queredes ver as imaxes podedes ver o seguinte vídeo.

11/11/09

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA


Na mostra de teatro do curso pasado o alumnado de 4ºB escenificaron, O Lobishome, de Paula Carballeira.
Puxémonos en contacto coa escritora para proporlle asistir ao acto pero non puido ser. A visita quedou pendente para este curso.

O gran día chegou, será o vindeiro LUNS 16.

Estamos moi entusiasmad@s con esta visita e o programa para ese día é o seguinte:

1.-Visita á clase de 4ºB.

2.-Xuntanza co Club de Lectura.

3.-Acto cos 4º,5º e 6º, con algunhas sorpresas!

6/11/09

CELEBRANDO O MAGOSTO



O magosto é unha celebración tradicional galega relacionada coa recollida das castaña.

O aire das frías noites de novembro trae sempre o arrrecendo das castañas asadas.

Nós queremos axudar a manter este costume polo que todos os anos homenaxeamos este froito.

O 30 de outubro celebramos o magosto no colexio. Encontro de mestres e alumnos máis alá de libros e cadernos.
O tempo acompañou e arredor das fogueiras recitamos refráns , cantamos, bailamos, xogamos e comimos unha chea de castañas.

Por certo estaban boísimas!!