22/6/07

REMATAMOS O CURSO PERO NON AS LECTURAS



Por fin chegan as ansiadas vacacións.Teremos tempo para xogar, ir a praia,andar en bici, patinar, viaxar..., pero tamén teremos tempo para a lectura.
Pechamos as portas da nosa biblioteca pero non as da lectura.Faremos e farannos moitas fotos e algunhas lendo porque á volta prepararemos unha exposición.

"El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho"(Miguel de Cervantes)

¡Felices vacación e boas lecturas!

18/6/07

AGRADECEMENTO AOS NOSOS AXUDANTES



Xa estamos rematando o curso.Última semana e por tanto tamén para os nosos axudantes de 6º.Hoxe fixémoslle entrega duns agasallos polo tempo que lle adicaron á biblioteca, de forma desinteresada.Dende aqui queremos darlles as grazas e desexámoslle un bo comenzo no Instituto.

¡Sorte compañeiros!

14/6/07

OS LIBROS FAVORITOS DOS NOSOS PAIS E NAIS



Os profesores xa nos falaron dos seus libros e agora tócalle o turno aos pais e nais. Preguntamos nas nosas casas sobre os seus libros favoritos e estas foron algunhas das respostas.


  • Inés del alma mía de Isabel Allende
    Nai de Débora (3º)

  • Iacobus de Matilde Asensi

Pai de Pepe (5º)

  • La sombra del viento de Carlos Ruiz Zafón
    Nai de Pepe (5º)

  • La catedral del mar de Ildefonso Falcones
    Nai de Mar (3º)

  • El perfume de Patrick Süskind
    Nai de Lidia (3º)

  • Amira de Soheir Khashogi
    Nai de Borja (E.I)


    ¡Preparádevos... que seguiremos investigando!

11/6/07

OS LIBROS QUE MÁIS NOS GUSTARON










Dende a Biblioteca, pedíronnos que lles digamos cales foron os libros que máis nos gustaron, dos que limos durante este curso.Estos foron algúns deles.

Gústannos os libros de Gerónimo Stilton porque contan aventuras interesantes e graciosas, teñen debuxos en case todas as páxinas e letras de cores.¡Enganchan moitisimo!
Na biblio só temos ata o número 19 e xa falamos con Bea para que o cole merque o resto da colección.

Giovanni, Pedro, Lidia, Débora, Martín, Samuel, Javi, Aitor, Noelia e Ángel (3ºC)

Os libros do "Capitán Calzoncillos" gústannos porque te contan historias para partirte de risa, teñen debuxos moi divertidos, incluso hai algúns que parecen que se moven se pasas as follas rápido.

Mar e Natalia (3ºC)

Os meus libros favoritos foron os de Kika Superbruxa porque son moi divertidos. O seu irmán Dani é moi trasto. ¡Os seus debuxos son moi chulos!

Xavi (3ºC)

As aventuras de Junie B. Jonnes son moi simpáticas e graciosas, por iso eu recomendovos que os leades.

Carmen (3ºC)

Gustáronme os libos das Crónicas de Narnia porque son entretidos e non te cansas de lelos

Christian (3ºC)

Os nosos libros favoritos son as Memorias de Idhún, de Laura Gallego.

Diego (4ºA), Pepe Ocampo (5º C) e Marco (5ºC)

O libro que máis nos gustou foi Fairy Oak, e xa estamos desexando poder ler os seguintes desta escritora.

Sara e Andrea (5º C)

Estábamos desexando a chegada dos Megatoxos á nosa biblioteca dende que nos visitou Anxo Fariña.Agora que xa o limos xa podemos recomendalo. É un libro cheo de aventuras e de emoción.
Christian (3ºC) e alumado de 5º A

4/6/07

LER EN INGLÉS



Nas clases de inglés, tamén lle adicamos un tempo á lectura.Para poder dominar unha lingua hai que falala, entendela, escribila e lela.¡Iso dicen as nosas profes!.
Os de 4º de Primaria estamos lendo "The Ghost House".Estamos desexando que cheguen os venres para poder seguir coa lectura.