3/12/10

CABEZA A PAXAROS



A miña ilusión… é … consistiría en … viría …
Meu soño... acabando este ano sería …
Encantaríame ... que no ano próximo …

Estes serían exemplos de cómo podería empezar a descrición do que te pedimos
que expliques con palabras marabillosas, ou sorprendentes debuxos de cómic. . . cal sería a forma e movemento da túa ilusión agora que estamos entre o ano que se acaba e o ano que comeza …

Don Moucho na árbore dos desexos os gardará ao servizo de todos os camiñantes que amistosamente os quixeren compartir connosco …

Quere ser a actividade de fomento da lectura que propoñemos desde a Biblioteca para estas datas , últimos días e primeira semana de xaneiro.

Nun folio describiremos como sería aquilo que me gustaría que fose ou que me gustaría que cambiase e cómo : o ano, o curso , o equipo , o meu cuarto , a miña bici …

· Non é pois unha sustitución de carta aos Magos nin de descrición de xoguetes

· De parecerse se parecería a unha expresión de cómo desexo eu o ano próximo ,falamos de ilusións pero non falamos xeralidades con palabras vacías senón de que a través de obxectos concretos se exprese o desexo .

· Polo menos en términos xenéricos , a paz e o amor poderían expresarse así : … estar de viaxe polo camiño francés durante quince días co a miña familia … recibir unha carta de Colombia que diga :....

Estas ilusións serán depositadas nos sobres da àrbore dos soños que a cada grupo corresponde e serán logo o noso texto da “hora de ler “.


16/11/10

REGÁLAME UNHA CANTIGA

Anímate a recoller unha cantiga tradicional na túa familia!.
Pregúntalle aos teus pais , aos avós e avoas ….que che conten cando soían cantar .

Elixide a cantiga que máis vos guste e lembra con eles , momentos de lecer , cando os escoites cantarche esa cantiga , que escrita por ti ou polos teus maiores , debes entregar no cole ao teu titor/ ou titora, o antes posible!!!

Ampliamos o prazo de recollida ata finais de novembro.

14/11/10

CELEBRANDO O SAMAÍN








Durante estas semanas estivemos celebramos no cole o Samaín, pasamos mooooito meedo, e tamén rimos ás gargalladas con algunha das vosas interpretacións. Disfrutamos cos relatos escritos por todos vos, superándoos cada ano máis.

Na biblioteca puidemos disfrutar da exposición de libros habitados por trasgos, meigas, fantasmas, monstruos…Don Moucho, a nosa mascota, tamén quixo prepararse para a ocasión.

Os de Educación Infantil crearon aos seus propios monstruos, falaron sobre eles e de como superar os seus medos.

O ambiente na biblio era arrepiantemente, a música de ambiente axudaba tamén, facendo incluso máis verosímil os relatos.


Pasámolo de medooooo!!!

12/11/10

VISITA DE ANXO MOURE



Esta semana visitounos o famoso atrapacontos Anxo Moure, que chegou montado na súa bici baixo unha intensa chuvia .

Nos xa estiveramos lendo o seu libro “O carballo con botas”no cole e por iso estabamos desexando coñecelo.

Convertiu a nosa biblioteca nun restaurante no que nos amosou como atrapar os contos, amasalos, comelos e contalos, e como cada libro é un ximnasio da imaxinación.

Gustáronnos moito os contos do Chinchanciño, de Coureliña, a nena que soñou cun bosque de cartón e quixo pintalo de cor... e moitos máis...

Ensinounos a reciclar os nosos corazóns, a valorar a importancia de respetar a natureza.

Explicounos como mirar polo miramundos o corazón dunha árbore, e cando isto se fai xa nunca máis podemos facerlle dano á natureza.

Limpamos o bosque, non deixamos que Chinchanciño tirase máis lixo, abrazamos as árbores, reciclamos o noso corazón.

Explicounos que para defender as árbores hai que mollarse e él mollouse e mollounos coas bagaos, do sufrimento de moitas árbores, que traía nunha botella.


Moitas grazas Anxo por contaxiarnos do teu amor polos libros e pola natureza.

Ata pronto!

7/11/10

POR FIN CHEGOU O MAGOSTO

O pasado xoves celebramos o Magosto no cole. Preparamos cestos coas castañas e outros cos manteis e diferentes froitos secos que iamos degustar. Mentras as castañas se ían asando xogamos e cantamos. Despois de comer as castañas e saborear os outros froitos ,os de sexto deleitáronnos cun rap do magosto e entregouselles os agasallos aos gañadores da castaña máis grande e da máis pequenna.

POEMA DE OUTONO


Como xa todos ben sabemos o outono é unha estación que inspirou a moitos escritores, polo que ten de nostalxia, de morriña, de saudade... O sol vai deixando paso ás nubes, ao vento e ás chuvias. A natureza amósanos unha paisaxe diferente chea de cores, luces...

Como exemplo, aquí tendes un poema que nos fixeron chegar Florencia e Alba, dúas alumnas de 5ºA, inspiradas tamén por esta estación.


5/11/10

CELEBRANDO O MES DAS BIBLIOTECAS

Durante outubro estivemos celebrando o mes da biblioteca con diferentes actividades.

Aqui vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica.

24/10/10

TALANDO CABAZAS PARA O SAMAÍN

Todos estades traballando moito para a exposición de cabazas que facemos nestas datas. Por se vos queredes saber máis sobre esta arte clicade na seguinte imaxe.




A LECTURA TAMÉN VIAXA EN BIBLIOBURRO

Navegando pola rede atopámonos cunha experiencia levada a cabo polo profesor Luis Soriano en Colombia, xa dende fai varios anos. Percorre cos seus burros, Alfa e Beto, as aldeas cercanas para levar a cultura a quen non ten acceso aos libros. Comenzou cuns 70 títulos e agora xa conta cuns 4.800 exemplares. Soriano sentiuse fascinado pola lectura dende pequeno. Como mestre de primaria, ocurriúselle a idea despois de observar o poder que tiña a lectura nos seus estudantes



Con tal de que a lectura chegue ao seu destino, o medio de transporte é o de menos. Toda unha lección de humanidade nesta era das novas tecnoloxías.

18/10/10

MOSTRA DE RELATOS DE MEDO


Un ano máis convocamos esta mostrra de relatos de medo coa chegada do outono e aproveitando o Samaín.

BASES :

o Poderán participar todos.as alumnos e alumnas do Centro quer individualmente quer en grupos .

o Os textos deberán ser orixinais e inéditos e serán de extensión libre .

o Decoraremos o texto con debuxos alusivos e/ou marcos ou cenefas .

o Os folios cos relatos conterán o nome, apelidos e curso da autoría .

o Entregaran-se en folio a Titor/a ou na Biblioteca até o 28 de outubro, xoves .Non se aceptarán traballos fóra do prazo marcado . Agradecerase a participación .

o Durante a 1ª semana de novembro poderemos asistir na Biblio à lectura ou representación dos relatos por parte de autores empezando sempre polos de 6º . E tamén no noso blogue !!!

o Os relatos poderán recollerse na semana do 7 de novembro para pasar a ser parte da carpeta literaria de cada autor.

Animádevos a participar! Pasarémolo de medo!



13/10/10

CANTANDO EN GALEGO DENDE A INDIA

Nun lugar moi afastado da India estase cantando unha das cancións máis populares en galego.
En Pubai-Orissa, na India, existe unha escola financiada por veciños de Cangas a través da ONG Shanga. Ademáis de alimentalos, os nenos reciben formación e entre as clases non podía faltar a música.
Velaí un vídeo cunha mostra do que aprenderon.

10/10/10

A MIÑA BIBLIOTECA IMAXINARIA



No mes das bibliotecas te invitamos a imaxinar e ilustrar como sería a túa biblioteca particular, un espazo cheo de maxia.

Que tería a túa biblioteca imaxinaria ?

Tería un parque con árbores e bancos?
Tería libros comestibles?
Estaría nunha árbore e as súas polas serían os andeis?
Con todos os vosos debuxos faremos unha fermosa exposición.

Deixa voar a túa imaxinación !!!

8/10/10

AS MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA



Un ano máis pomos en marcha unha das actividades de fomento da lectura que temos dentro do Proxecto Lector do Centro. Trátase das Mochilas Viaxeiras, que a maioría xa coñecedes, irán de casa en casa con lecturas e películas para compartir con ilusión pais e fillos. Irán acompañadas dun Caderno no que cada familia reflexará as opinións e impresións que lles suxire o material, tamén poden ir acompañados de debuxos sobre as lecturas ou película.
Entregaránse os venres e terán que ser devoltas o mércores da semana seguinte.

Para levar a cabo esta actividade, dun xeito efectivo e motivador, necesitamos que non o vexades como deberes, senón como un xeito de compartir e disfrutar os libros e películas en familia.

7/10/10

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES




Xa estamos no mes de outubro, o mes das bibliotecas escolares. Este ano é Marina Seoane quen ilustrou o lema proposto, unha ilustradora nacida en Madrid pero asentada xa hai tempo en Galicia, membro de AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).

O noso Cole non quere pasar este asunto por alto, así que aproveitamos este mes para promover actividades de comenzo de curso para abrir a nosa Biblioteca a todo o alumnado.


  • Posta en marcha das mochilas viaxeiras

  • Sesións de formación de usuarios

  • Comenzo da Hora de Ler

  • Concurso de debuxo: "Unha biblioteca imaxinaria"

Kristy, autora del canal klinderholm en YouTube , agradece nun precioso vídeo á Biblioteca Escolar do seu centro de primaria, que lle cambiase a vida… Está en inglés, pero merece a pena , se non sabes Inglés, déixate levar polas imaxes.




2/10/10

CONMEMORANDO O DÍA DOS MAIORES

Onte, 1 de outubro, conmemorouse o Día Internacional dos Maiores e con tal motivo recibimos a visita dos maiores do Centro de Día do noso concello. Decidiron compartir con nós este día preparando un mural co alumnado de 1º de Primaria, para o que lles ensinaron primeiro a facer unhas fermosas frores.
Todos disfrutamos desta xornada tan especial, pero creo que unha das que máis foi Victoria porque por fin puido ver cumprido o seu sono, ser mestra por un día.







Esta non vai ser a última das colaboracións porque xa sabemos que están preparando algunha actividade máis para vir.Estamos desexosos de volveros a ter aqui.




GRAZAS A TODOS, A CARMEN, CASIANO, TERESA, CONSUELO,VICTORIA, NIEVES, CONCHA, CASILDA, SERAFÍN, ÁNGEL E MARCELINA!! E INCLUSO AOS QUE NON PUIDERON VIR!!





















6/9/10

BENVIDOS




Benvidos a outro novo curso. Un curso cargado de novos proxectos e ilusións.
Moitos estaredes desexando estrear, abrir e ver que é o que hai dentro dos novos libros, coñecer aos novos profesores e profesoras ou voltar a ver aos de sempre, contar as historias do verán , reais ou non tan reais e escribilas, debuxalas ...

Esperámosvos a todos o vindeiro venres 10 de setembro ás 9.

FELIZ COMENZO DE CURSO

21/6/10

DESPEDIDA AO NOSO CLUB DE LECTURA





Hoxe tivemos a xornada de despedida do Club de Lectura de 6º.Fixemos un roteiro literario polo río Tea.Compartimos a lectura do poema de Pablo Neruda "El río", escribimos unha historia entre todos, inspirándonos no río, e fixemos a avaliación deste curso.

Se queredes saber máis cousas desta xuntanza podedes visitarnos no blog do club de lectura.


10/6/10

CONTINUAMOS CO TEATRO

Onte e hoxe volvimos disfrutar co teatro. Algunhas obras repetíronse pero con diferentes actores e actrices para outros cursos . Aínda que houbo cambios, o ambiente e a maxia creada continuaron.


Parabéns aos nosos actores e actices que ano a ano vanse superando.


Create Your Own

O ano que ven voltaremos co teatro pero non vos esquenzades que ler teatro tamén pode ser divertido.

7/6/10

V MOSTRA DE TEATRO

Un ano máis poderemos disfrutar dunha mostra de teatro, neste caso xa a 5ª, preparada polo noso alumnado. Un bo momento para ler teatro polo que na biblioteca poderedes disfrutar dunha escolleita preparada para as diferentes idades.

Un dos obxectivos principais, que queremos conseguir con estas mostras ,é favorecer o desenvolvemento da capacidade creativa e expresiva dos alumnos/as a través do teatro.

A continuación presentámosvos a carteleira para esta semana:

LUCES, CÁMARA, ACCIÓN!!!

23/5/10

INVESTIGANDO SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO



A celebración do 2010 como Ano Xacobeo é unha oportunidade excepcional para axudar a que o alumnado coñeza o contexto dos Camiños a Santiago.
Galicia é testigo do paso dos peregrinos polo Camiño que, ao longo da historia, leváronos ata o seu destino final: Santiago de Compostela.
O interese neste tema suscitou a idea de investigar sobre él e sobre a orixe do uso das cabazas dos peregrinos.




21/5/10

GUSANOS DE SEDA

Un ano máis apareceron gusanos de seda no colexio.Con esta experiencia os nenos aprenden o proceso biolóxico da naturaleza vendo como nacen os gusanos (cun tamaño de menos de 1 mm.), como medran comendo follas de morera (chegando a medir 4 ou 5 cm.), como producen seda facendo o capullo, como se transforman nunha mariposa e como esta se aparea producindo novos ovos.
Toda unha lección de natureza que ninguén se quere perder.

Se queredes vivir o proceso dun xeito virtual animádevos a ver este vídeo.



Xa sabedes, como mascota é o mellor animal: come e gasta pouco, non ensucia e necesita pouco espacio e pouca dedicación.

13/5/10

MÁIS RECURSOS DE UXÍO NOVONEYRA

Durante este mes as bibliotecas escolares galegas non paran de enviar traballos marabillosos sobre Uxío Novoneyra.
Dende o IES de FENE cheganos esta presentación preparada pola Biblioteca do CEIP MILLADOIRO DE MALPICA.

11/5/10

MANOEL DE RIBADAIRA

A poesía de Novoneyra da moito de si, hoxe queremos pór de manifesto a súa faceta social con este traballo que nos chega vía CPI “LUÍS DÍAZ MORENO” de BARALLA.

Uxío retoma unha historia aterradora para facer un romance e con él recuperar a memoria histórica: "Manoel de Ribadaira" . Como en moitos lugares de Galicia, no Courel tamén se practicaban "paseos" contra aquelas persoas que estaban baixo sospeita. Manoel Cela foi unha delas.

10/5/10

BIOGRAFÍA DE UXÍO NOVONEYRA

Hoxe querémosvos amosar o traballo feito polo alumnado do terceiro ciclo, sobre Uxío Novoneyra. Seguro que vos vai axudar a atopar as respostas ás preguntas propostas por Don Moucho para esta semana.



9/5/10

CINE EN GALEGO

Durante este mes estamos celebrando o mes das letras, como xa sabedes, e entre as actividades propostas está un ciclo de cine en galego.

A primeira película, escollida para os pequenos, foi "O BOSQUE ANIMADO"pero por problemas técnicos houbo que cambiala por "O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN".

Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo O seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho.
Se clicades na imaxe podedes saber máis cousas sobre a película.


Para os maiores escolleuse "O CID, A LENDA". Trátase dunha visión do mito do grande cabaleiro español, moi presente tamén na historia do cine.
Producida pola compañía Filmax, a película tivo unha importante participación galega, xa que traballaron nela profesionais dunha factoría de animación radicada en Santiago de Compostela.

Se queredes saber algo máis sobre esta película clicade sobre a imaxe.





6/5/10

VISITA DE MARÍA LIRES E SUSANA LAMELA

Hoxe tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca, unha vez máis, a Susana Lamela, escritora do libro "Soños de andel"e da ilustradora María Lires.
Escoitámolas lendo diferentes fragmentos e intercambiamos con elas preguntas, comentarios e incluso ilustracións. Houbo quen lle dixo a María que a mamá de Mar se parecía a ela.
Os nenos e nenas estiveron debuxando con Maria , pero alguns xa traian os seus debuxos feitos para regalarllos.Explicáronnos un montón de cousas interesantes, como cando María decidiu darlle vida aos libros a partir dos seus chapeus, quixo reflexaran o seu contido. Susana comentounos que a idea principal deste conto é animar a todos aqueles que teñen algún complexo, todas e todos temos moito que ofrecer e que temos que loitar por facer realidade os nosos soños.

Grazas Susana e María !! !Foi unha xornada irrepetible!!!











25/4/10

TALLER DE ILUSTRACIÓN CON NOEMÍ LÓPEZ

O venres tivemos a sorte de contar coa ilustradora Noemí López no noso centro. Impartiu un taller de ilustración ao alumnado de 1ºde Primaria.Durante os días anteriores nas clases estiveron traballando con libros da biblioteca nos que ela é a ilustradora.

Ensinoulles, aos participantes, cómo debuxar diferentes expresións, posturas e movimientos, etc. Animounos a expresarse por medio do debuxo, fomentando a creatividade e a imaxinación a través das actividades plásticas.

Que cara de satisfacción, tiñan algúns rapaces e rapazas cando conseguían reflexar o que ela lles ensinaba. Deixámosvos unha pequena mostra deste taller para que vos fagades unha idea do que alí aconteceu.

GRAZAS NOEMÍ POR ESTA SESIÓN INOLVIDABLE!!!