Hoxe tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca, unha vez máis, a Susana Lamela, escritora do libro "Soños de andel"e da ilustradora María Lires.
Escoitámolas lendo diferentes fragmentos e intercambiamos con elas preguntas, comentarios e incluso ilustracións. Houbo quen lle dixo a María que a mamá de Mar se parecía a ela.
Os nenos e nenas estiveron debuxando con Maria , pero alguns xa traian os seus debuxos feitos para regalarllos.Explicáronnos un montón de cousas interesantes, como cando María decidiu darlle vida aos libros a partir dos seus chapeus, quixo reflexaran o seu contido. Susana comentounos que a idea principal deste conto é animar a todos aqueles que teñen algún complexo, todas e todos temos moito que ofrecer e que temos que loitar por facer realidade os nosos soños.
Grazas Susana e María !! !Foi unha xornada irrepetible!!!
3 comentarios:
Grazas a vos!!!
Foi un pracer a vosa compaña e sorprendente o voso talento. Quédome co teu debuxo, Adrián, segue así e poderás conseguir todo o que te propoñas, o mesmo que tódolos demais, non o esquezades!
Grazas, Belen, creaches un recunchiño realmente máxico e cheo de actividade. E grazas a todos pola vosa acollida, fóstedes encantadores.
Mil biquiños ilustrados.
Grazas por unha deliciosa mañá na vosa compaña. Quedei encantada e sorprendida de atopar tanto artista! Adrián, quedo co teu debuxo e segue así, que poderás conseguir todo o que te propoñas, igual que tódolos demais.
Belén, é fantástico ver ese recunchiño encantador e cheo de actividade que montaches!!!
Grazas a todos e agardo que nos vexamos outra vez.
Mil bicos ilustrados!!!
Moitas grazas a vós. Sempre é moi entrañable poder volver ao Bouza Brey e compartir uns momentos co alumnado e profesorado.
Bicos de andel
Publicar un comentario