27/9/07

TEMPO DE OUTONO


Xa chegou o outono.Con él a luz e as cores vólvense diferentes. Tapiza os parques e os campos de follas, e trae novos arrecendos. Na vendima ules as uvas, na esfolla o cheiro das espigas, no magosto a castañas asadas…

O noso colexio coma todos os anos vístese tamén de outono cunha exposición de froitos típicos desta época (castañas, figos, feixoas, mazás, noces…)

Chega o tempo de recollemento, de estar máis horas na casa, e tamén o tempo de novas lecturas.Cada estación, cada día teñen o seu libro ¡atopémolo!
Disfrutemos coas cores, sabores e arrecendos que nos regala esta estación, e aproveitemos para facer poemas, debuxos, recolleita de refráns…

13/9/07

¡BENVIDOS AO NOVO CURSO!


¡Xa estamos de volta! con todos os nosos recordos das vacacións e dos libros lidos.Cheos de fotos , entre as que se atopan diferentes momentos, como os de lectura, e coas que imos poñer en marcha unha exposición.
¡Benvidos e boas lecturas!