24/4/13

APADRIÑANDO LECTORES


Chegou o gran día!!Durante toda a semana os padriños e madriñas (de 6º a 3º) foron coñecendo aos seus afillados e afilladas (EI, 1º e 2º) e escollendo os contos que lle ían ler. Unha vez elexido tiñan que practicar a súa lectura.
Despois do recreo os padriños e madriñas foron buscar aos seus afillados ou afilladas e nun lugar tranquilo do patio se acomodaran e disfrutaran do seu conto.
Algúns padriños e madriñas leváronnlles incluso algúns regaliños, como marcapáxinas feitos por eles, e outros atopáronse que os afillados tamén lles tiñan algúnha sorpresiña, tamén feita por eles.
Levamos varios anos realizando esta actividade e seguimos comprobando como disfrutan con ela. Xa están desexando que pase outro ano para repetila.

 Noraboa a todos!!!




23/4/13

FELIZ DÍA DO LIBRO

Neste día celebramos o Día do Libro (tamén denominado Día Internacional  ou Día Mundial do libro). A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
Un ano máis celebramos, no noso centro, esta data  con diferentes actividades ao longo de todo o mes de abil. Abril é o mes dos libros.  

  • Exposición de libros feitos polos rapaces e rapazas durante o curso.

  • Posta en marcha do Recuncho de Don Moucho durante este trimestre.
  • Apadriñamento lector.

  • Visita de Alicia Borrás, escritora de Nata y Chocolate, un libro co que traballamos no segundo trimestre, no CLUB DE LECTURA e logo nas aulas do 3º ciclo. Esperamos impacientes que chegue o luns para coñecela.



2/4/13

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL



O día 2 de abril, dende 1967,  coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co fin de promocionar os libros infantís e xuvenís.
Cada ano é unha Sección Nacional deste Organismo Internacional a encargada de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e para 2013  USSBY, a sección norteamericana,  enviou o cartel de Ashley Bryan e a mensaxe de Pat Mora

 

Leemos juntos, tú y yo.
Vemos que las letras forman palabras
y las palabras se convierten en libros
que estrechamos en nuestras manos.

Oímos susurros
y ríos bulliciosos en sus páginas,
osos que cantan
graciosas melodías a la luna.

Entramos en misteriosos castillos
y de nuestras manos suben hasta las nubes
árboles florecidos. Vemos niñas valientes que vuelan
y niños que atrapan las estrellas.

Leemos juntos, tú y yo, dando vueltas y vueltas,
recorriendo el mundo con la alegría en los libros.

Poema de Pat Mora
Traducido por la autora.