25/4/10

TALLER DE ILUSTRACIÓN CON NOEMÍ LÓPEZ

O venres tivemos a sorte de contar coa ilustradora Noemí López no noso centro. Impartiu un taller de ilustración ao alumnado de 1ºde Primaria.Durante os días anteriores nas clases estiveron traballando con libros da biblioteca nos que ela é a ilustradora.

Ensinoulles, aos participantes, cómo debuxar diferentes expresións, posturas e movimientos, etc. Animounos a expresarse por medio do debuxo, fomentando a creatividade e a imaxinación a través das actividades plásticas.

Que cara de satisfacción, tiñan algúns rapaces e rapazas cando conseguían reflexar o que ela lles ensinaba. Deixámosvos unha pequena mostra deste taller para que vos fagades unha idea do que alí aconteceu.

GRAZAS NOEMÍ POR ESTA SESIÓN INOLVIDABLE!!!

23/4/10

APADRIÑANDO LECTORES

Chegou o gran día!!Durante toda a semana os padriños e madriñas (de 6º a 3º) foron coñecendo aos seus afillados e afilladas (EI, 1º e 2º) e escollendo os contos que lle ían ler. Sentían unha grande preocupación por se non era o libro axeitado ou non lles ía gustar aos seus afillados.


Unha vez elexido tiñan que practicar a súa lectura buscando o tono axeitado para contarllo.Canto mellor coñeceran a historia mellor sería o resultado.


Despois do recreo os padriños e madriñas foron buscar aos seus afillados ou afilladas e nun lugar tranquilo do patio deixamos que as distintas parellas se acomodaran e disfrutaran do seu conto.


Pero non só se traballou con esta actividade aspectos relacionados coa lectura senón tamén se fomentou nos pequenos unha relación de afecto hacia os maiores , e viceversa, que fai que agora aproveiten as ocasións que nos brinda a escola para afianzar os vínculos afectivos.


Xa hai algúns afillados que queren lerlles aos seus padriños e madriñas e incluso algúns xa lles regalaron debuxos, recitáronlles algunha poesía... esto só acaba de empezar!!


22/4/10

COMPARTINDO LECTURAS COS NOSOS MAIORES

Onte, pola tarde, co noso CLUB DE LECTURA e algúns voluntarios de 6º, visitamos o Centro de Día da Terceira Idade para compartir con eles un tempo de lectura. Levábamos preparados varios libros e poemas que falaban sobre avós e netos:" Os avós", "As trenzas do avó "e "Aquel vello e aquel neno". Algúns prepararon poemas de Paula Carballeira e outros decidiron ler algún de Bécquer e Juan Ramón Jiménez.Carla e Ángela prefiriron escribir uns poemas exclusivos para eles.

Foron momentos moi entrañables cos seus aplausos, comentarios e palabras e incluso cos seus silencios. Cando rematamos coas lecturas eles tamén quixeron deleitarnos con algúns poemas e contos. Preparárannos unha tarta de chocolate durante a mañán e entre bocado e bocado falamos con algúns deles sobre os seus netos e incluso os que non tiñan sentíronse por un día avós.
Pedíronnos que voltáramos a visitalos e nos invitámolos a ir ao noso cole.

Grazas a Victoria, Avelina, Nieves, Serafín ... e a todo o persoal que con tanto cariño nos acolleron.


PARA QUE LES?

Este ano para celebrar o día 23 de Abril, Día Internacional do Libro, e partindo dunha iniciativa da ONG Implicadas no Desenvolvemento (IND) (http://implicadas.blogaliza.org/), xunto co IES de Fene e o Ceip Milladoiro de Malpica e coa colaboración das Bibliotecas Escolares Galegas, xurdiu esta proposta:

PARA QUE LES?

Persoeiros famosos do mundo deportivo, periodístico, político ... compartiron con nós as súas reflexións sobre a lectura.
Aquí tedes unha pequena mostra









Dende aqui aproveitamos para darlle as grazas a Olga, Loli, Charo e a Jaime Eizaguirre, creador dos deseños e ilustracións.
A biblioteca propuxo sumarnos a esta iniciativa o profesorado,libeiros e outra xente de Ponteareas, de xeito que fixemos un gran mural no que se misturaban as nosas respostas coas dos persoeiros famosos.
Penso que o alumnado parouse máis na do profes

orado e nas lecturas que nos gustaban cando eramos pequenos que nas dos famosos.

15/4/10

CONTACONTOS CON IAGO




Outro ano máis tivemos o pracer de escoitar a Iago, contounos a historia de Leocadio, o león. Con este conto tratáronse temas como a amizade, o respeto da diferencia e o valor dos soños e a fantasía como base da convivencia no mundo. Todos estamos desexando ler o libro.

Pasámolo tan ben que ninguén quería que rematara.

ABRIL MES DOS LIBROS


Este é o mes dedicado aos libros e á lectur e nos para conmemoralo programamos diferentes actividades .


- Exposición de libros feitos polos alumnos/as
- Visitas á Biblioteca Municipal (E.I 4 anos)
- Exposición permanente:Para que Les?.Textos e imaxes de persoas relacionadas co mundo do libro, xunto a deportistas, presentadores de televisión, actores…
As achegas do profesorado e dalgunha xente máis de Ponteareas, entre eles algúns dos nosos libreiros, tamén estarán presentes.
- Visita do Club de Lectura ao Centro de día da terceira Idade, para compartir con eles un tempo de lectura .
-Visita da ilustradora Noemí López.
- Contacontos por parte de Iago para os de E.I e o 1º Ciclo
-Apadriñamento lector dos maiores (dende 6º a 3º) aos pequenos (E.I, 1º,2º)


FELIZ MES DOS LIBROS!!!

8/4/10

APADRIÑA UNHA PALABRA



“APADRIÑA UNHA PALABRA” é un proxecto escolar dirixido a rescatar do esquecemento ou desuso palabras da nosa lingua a través da implicación de todos os sectores da Comunidade Educativa: alumnado, familias e profesorado.
Aproveitando que o ano 2010 foi proclamado pola UNESCO, ano da biodiversidade, queremos animar a protexer non só as especies do noso planeta , senón a nosa Lingua.
Convidámosvos a participar connosco neste exercicio colectivo de amor polo Galego, porque non costa nada e porque aínda estamos a tempo de non deixar no esquecemento palabras que formaron parte da vida dos nosos maiores e que por diversas causas están deixándose de utilizar.
Remexe na túa memoria, investiga no entorno familiar, nas tradicións e formas de vida que os maiores aínda lembran ...e envíanos co teu fillo/a, UNHA PALABRA que, pola súa beleza, sonoridade, orixinalidade, funcionalidade, ..., eles mesmos van apadriñar.
Explícanos o seu significado e contextos de uso , e todo aquilo que consideres de interese, para aumentar a eficacia deste traballo.
As palabras apadriñadas, recolleranse nun libro co nome do informante e formará parte da nosa Biblioteca.


GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE XA NOS FIXÉCHEDES CHEGAR AS VOSAS APORTACIÓNS!

4/4/10

HONOLOKO, XOGO SOBRE A SAÚDE E MEDIO AMBIENTE

Honoloko é un xogo educativo multimedia creado pola “Axencia Europea do Medio Ambiente”. Unha serie de personaxes axudarannos a ir aprendendo máis sobre os conceptos que afectan ao medio ambiente.

Atopámonos na illa de Honoloko, un mundo real, donde os teus actos e accións teñen consecuencias na vida da illa, na vida dos seus habitantes e no medio ambiente.

Se as túas decisións reciben boas puntuacións en Recursos ou Enerxía mejoras o medio ambiente. Cando as puntuacións de Saúde ou Forma física suben ou baixan verás como a saúde dos habitantes de Honoloko mellora ou empeora.
Lembra que un mellor medio ambiente vai ligado a unha mellora da saúde dos habitantes.

Son catro os temas principais do xogo : a saúde, a forma física, a enerxía e os recursos naturais. Deberemos ir sumando puntos para convertirnos en verdadeiros axentes medioambientais.

Non perdas de vista a illa; verás que se producen cambios según as decisións que tomes.

Ánimo e aprende a manter limpa a cidade de Honoloko

Clica na imaxe para empezar a xogar


2/4/10

MOSTRA DAS POESÍAS DO CERTAME

Como xa vos comentamos, este ano o certame de poesía tiña como temática a natureza. Hoxe deixámosvos unha pequena mostra das creacións dos nosos ecopoetas.


1/4/10

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL



O 2 de abril de cada ano celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil para conmemorar a data na que naceu o célebre escritor danés Hans Christian Andersen. Un día dedicado a promover a lectura na infancia e na xuventude.

Sempre temos presente no noso traballo que os rapaces e rapazas que disfrutan coa lectura, reciben o agasallo máis preciado que é apropiarse do fantástico mundo das palabras

O IBBY promove dende 1965 a celebración do Día Internacional do Libro Infantil. Cada ano unha sección do IBBY elabora un cartel e unha mensaxe. Este ano tocoulle a España e, baixo o lema “ Un libro te espera, ¡búscalo!”. Foi Eliecer Cansino o encargado da mensaxe, e Noemí Villamuza a encargada da ilustración.