22/4/10

COMPARTINDO LECTURAS COS NOSOS MAIORES

Onte, pola tarde, co noso CLUB DE LECTURA e algúns voluntarios de 6º, visitamos o Centro de Día da Terceira Idade para compartir con eles un tempo de lectura. Levábamos preparados varios libros e poemas que falaban sobre avós e netos:" Os avós", "As trenzas do avó "e "Aquel vello e aquel neno". Algúns prepararon poemas de Paula Carballeira e outros decidiron ler algún de Bécquer e Juan Ramón Jiménez.Carla e Ángela prefiriron escribir uns poemas exclusivos para eles.

Foron momentos moi entrañables cos seus aplausos, comentarios e palabras e incluso cos seus silencios. Cando rematamos coas lecturas eles tamén quixeron deleitarnos con algúns poemas e contos. Preparárannos unha tarta de chocolate durante a mañán e entre bocado e bocado falamos con algúns deles sobre os seus netos e incluso os que non tiñan sentíronse por un día avós.
Pedíronnos que voltáramos a visitalos e nos invitámolos a ir ao noso cole.

Grazas a Victoria, Avelina, Nieves, Serafín ... e a todo o persoal que con tanto cariño nos acolleron.


9 comentarios:

novoa dijo...

Parabéns por esta actividade, unha boa forma de educar na sensibilidade, e en moitas cousas valiosas... flores para tod@s, nen@s e grandes!

olga dijo...

Parabesn por esa actividade que ven de emocionarme.
Relacionar os dous extremos da cadea da vida é sempre rico para ambos E máis, se se fai coa lectura.
Parabesn a quenes o fixeron e a quenes o pensaron!

O Segrel do Penedo dijo...

Dende O Segrel, unímonos a eses merecidísimos parabéns por esa fermosísima actividade de lecturas compartidas.
Apertas lectoras!!

Endora dijo...

Parabens pola vosa actividade. Todos os nenos merecen un maior ao seu lado que lles conte aínda que non sepa ler.
Paréceme unha actividade realmente enriquecedora para ambos.

Biblioteca Pino Manso dijo...

Aunque ya tenía noticia porque lo adelantaste en los encuentros de Santiago, manifestarte aquí que me parece una iniciativa preciosa por vuestra parte. Felicidades.

RAIOTECA dijo...

Únome aos parabéns por esta actividade.
No noso cole durante todo este curso estamos levando a cabo un proxecto de lecturas compartidas cos avós e avoas, está sendo unha experiencia moi gratificante, incluso na exposición de para que les? temos un apartado titulado: "Os noso avós e avoas tamén len" que recolle as respostas dalgúns deles. Aos alumnos/as failles moitísima ilusión que os seu avós e avoas veñan ao cole a contarnos o conto.
No me vou extender máis, só animarte a que continuedes coa experiencia. VALE A PENA.
Moitos bicossss...
Encarna.

Isabel Maceira dijo...

Parabéns, anoto a idea para o derradeiro ano.

bibliotecadocole dijo...

Preciosa e emocionante actividade.Chea da sensibilidade que sempre impregna os vosos traballos.

aurora dijo...

Unha fermosa maneira de abrir as portas da escola ao mundo real e viceversa.O que ese día aprenderon todos e todas ben vale o esforzo.
Noraboa.