29/2/08

O CARTEIRO DE BAGDAD NO NOSO CLUB DE LECTURA


O carteiro de Bagdad vai ser o Libro do Mes de Marzo.

Anímate a ler este libro, do que che iremos ofrecendo máis información e actividades ao longo de todo o mes .

O 8 de abril teremos unha sesión aberta do Club de Lectura, no recreo, para charlar e compartir comentarios sobre este libro.


Se queres saber máis sobre o libro busca información no noso Club de Lectura Bibliobrey

25/2/08

UNHA BIBLIOTECA DIFERENTE



“The Camel Bookmobile” é un proxecto co que se pretende facer chegar os libros onde nunca chegaron, e educar aos nómadas de Kenia.

“Se a xente non pode vir aos libros,os libros deben vir á xente”

21/2/08

HARRY POTTER E AS RELIQUIAS DA MORTE



Hoxe, 21 de febreiro, ás 18:30 horas publicouse Harry Potter e as reliquias da morte, simultaneamente en castelán, catalán e galego en España, Latinoamérica e Estados Unidos.Esta é a séptima e derradeira entrega da saga creada por J.K. Rowling

A expectación é absoluta, xa que o volumen pecha para sempre a historia do único que sobreviviu gracias ao amor dos seus pais, aquel cunha cicatriz na frente. Un apaixonante relato que amosa pouco parecido aos anteriores.

A maxia continúa...
¿Matará Lord Voldemort ao intrépido feiticeiro, será un accidente ou un suicidio? A resposta pronto será revelada.

Pronto teremos exemplares deste libro na nosa biblioteca.

18/2/08

RECUNCHO DE DON MOUCHO


Unha vez máis poñemos en marcha o "Recuncho de Don Moucho", un concurso no que poñeredes a proba as vosas cualidades para investigar.


¡Busca, busca e atoparás a resposta!

17/2/08

CONTACONTOS CON IAGO




Este venres pasado tivemos a Iago contándonos as aventuras de "Os catro amigos", "A carreira de sacos"...Pasamos momentos moi divertidos con él e todos estamos desexando ler os libros dos que nos falou e que xa temos na nosa biblio.
Grazas a Editorial Anaya poidemos disfrutar desta sesión de animación á lectura.

14/2/08

XERARDO QUINTIÁ NA NOSA BIBLIOTECA


Xerardo Quintiá estivo na nosa biblioteca cos de 5º e 6º este luns .
El é escritor de contos e poesías .
Contounos que sempre gustara moito de escribir , dende pequeno , pero que como era un traste no instituto deixouno e logo casou e tivo un fillo e pasou uns anos sen escribir nada .
Parece unha persoa moi enriquecida polas lecturas que ten feito . Dixo que as lecturas ademáis de nos facer disfrutar eran boas tamén para aprender a facer libros . Iso e as experiencias da vida .
Explicounos dos seus libros e fixemos moitas preguntas do libro que leramos Ke-tumba Ke –tamba.


Pepe Ocampo e Marco Montes 6ºC

9/2/08

A ESCOLA NO TEMPO E NO MUNDO


Este é o título do proxecto proposto como marco das actividades que levaremos a cabo dende este trimestre.

Queremos que coñezades as situacións de desigualdade que se vive dependendo da
época ou sitio no que se nace.

Actualmente, máis de 120 millóns de nenos ven denegado o seu dereito a asistir á escola e recibir educación, deles máis da metade son nenas. A educación é vital non só para que os nenos aprendan, senón tamén para que poidan levar unha vida plena e independente. As nenas que non acoden á escola perden oportunidades durante o resto da súa vida.

O acceso á educación brinda beneficios a todas as familias, ás comunidades e á sociedade enteira.

Dende este blog iremos propoñéndovos lecturas ou actividades relacionadas co tema.

Hoxe queremos presentaros a Maíto, un neno xitano que se comunicaba co seu pai por debuxos porque non sabía ler.Se queres saber máis sobre o libro visita o noso CLUB DE LECTURA

6/2/08

ARTHUR Y LOS MINIMOYS



Por fin chega a nosa biblioteca.Para que vexades que funciona o buzón de suxerencias

Abre a primeira páxina deste libro e entra con Arturo no sorprendente mundo dos minimoys.
Te divertirás..., ¡alucinarás!

Arturo ten moitas preocupacións. Un malvado personaxe pretende quedarse coa casa da súa avoa, onde él pasa as vacacións.
Non conta coa axuda dos seus pais, que deixaon ahí sen pensalo dúas veces.
Non pode esperar tampouco ao seu avó, desaparecido en circunstancias misteriosas fai xa catro anos. E ademáis, Arturo só ten 10 anos. ¿Quizá poida contar con Alfred, o seu can? Pode ser que tal vez na vellaa biblioteca do avóo, un libro máxico lle permita pasar "ao outro lado", ao país dos minimoys... ¡Só eles poden salvalo!
Se queredes ver un trailer da película clicade sobre a imaxe do libro.

LA HISTORIA DE IQBAL



A historia deste neno creo que segue estando de actualidade ante a absurda onda de violencia que axita á humanidade. Se queredes saber algo máis podedes clicar nos seguintes enlaces:



http://www.solidaridad.net/iqbal/historia03.php
http://w3.cnice.mec.es/eos/MaterialesEducativos/primaria/conocimiento/poblacion_humana/iqbal.htm

Iqbal Masih tiña catro anos cando o seu pai vendeuno a unha fábrica de alfombras de Punjab porque necesitaba un préstamo . Para saldar a débeda Iqbal traballaba doce horas ao día trenzando alfombras por unha rupia diaria. Pero, cos intereses tan elevados, a débeda non treminba nunca. Aos 10 anos Iqbal asistió a un mitin sobre dereitos humanos e a súa vida cambiou radicalmente. Conseguiu a libertade grazas a unha campaña do Frente de Liberación del Trabajo Forzado e convertiuse nun activo loitador contra o trabajo cautivo. En abril de 1995, cando tiña 12 anos, Iqbal foi asasinado a tiros cerca de Lahore. A mafia das alfombras foi acusada do brutal crimen pero todo quedou en NADA.


Iqbal soñaba con ser libre para poder ir á escola e chegar a ser avogado.

No noso club de lectura recomendámoste o libro que fala da súa historia

5/2/08

REMATANDO O ENTROIDO


Hoxe martes de Entroido, aproveitade a festa porque mañán xa remata co enterro da sardiña...

Por se queredes continuar cantándolle ao Entroido aqui deixámosvos unhas coplas.


E víndeo ver
e vindeo ver!
ao vello Entroido
que está teso e doído
ao pé do carballo
Sentado nun tallo sen ter que facer.

E víndeo ver!
e víndeo ver!
que xa está para morrer!

3/2/08

COPLAS PARA O ENTROIDO




APRENDEMOS COPLAS

Xa ven o Entroido
disfracémonos todos
comeremos cacheira
comerémola enteira!!!



Viva o Entroido, viva o Entroido!!!
e a cachola do porquiño
que hoxe ímola comer
cocidiña cuns greliños!!!


Xa ven o Entroido
xa ven a nosa alegría
xa ven o tempo de Entroido
bailaremos noite e día!!!

Para non estar tristeiro,eiro,eiro
neste Entroido trapalleiro, eiro, eiro.
move o teu traseiro, eiro, eiro!!!


Adeus Martes de Entroido
adeus, meu amiguiño,
ata o Domingo de pascua,
Non comerei máis touciño”.