14/2/08

XERARDO QUINTIÁ NA NOSA BIBLIOTECA


Xerardo Quintiá estivo na nosa biblioteca cos de 5º e 6º este luns .
El é escritor de contos e poesías .
Contounos que sempre gustara moito de escribir , dende pequeno , pero que como era un traste no instituto deixouno e logo casou e tivo un fillo e pasou uns anos sen escribir nada .
Parece unha persoa moi enriquecida polas lecturas que ten feito . Dixo que as lecturas ademáis de nos facer disfrutar eran boas tamén para aprender a facer libros . Iso e as experiencias da vida .
Explicounos dos seus libros e fixemos moitas preguntas do libro que leramos Ke-tumba Ke –tamba.


Pepe Ocampo e Marco Montes 6ºC