31/10/08

PESADILLA DE HALLOWEEN

Non vos perdades este relato de Mar, unha das participantes no certame de relatos de medo deste ano, que xa está a vosa disposición na biblioteca xunto cos outros.

30/10/08

PASANDOO DE MEDO NA BIBLIOTECA

Estamos pasándoo de medo na biblioteca durante esta semana

29/10/08

O SAMAÍN NA NOSA BIBLIOTECA




Esta semana celébrase a noite na que o mundo real e o mundo maxico únense convirtíndose nun só, a noite de Samaín ou dos defuntos, na que bruxas, e fadas, magos, trasgos, pantasmas, monstruos, vampiros e outras criaturas fantásticas saen dos contos, ese mundo máxico ao que pertencen, para darnos algún pequeno susto.
Na biblioteca queremos ensinarvos os libros habitados por ese tipo de seres, por iso presentámosvos unha pequena selección.
Celebrámolo tamén contando e lendo historias e relatos de medo durante toda a semana.

Esperámosvos na biblioteca

Pasarémolo de medooooo!!!

XA CHEGA O MAGOSTO



Xa falta pouco para o magosto por iso hoxe querémoste facer dúas propostas


A ver se adiviñas de que falamos:


Ten barbas

e home non é

ten dentes

e non pode comer.


Teño ao meu arredor moitos buratos

De fóra están ao axexo

Pero endexamáis poden entran os ratos.


( A solución está nos murais que están cerca da biblioteca)


Agora a ver se aprendes esta cantiga para o magosto:


“ Acabáronse as vendimas

e veñen as esfolladas

para comer coas mociñas

catro castañas asadas”.


(podes cantala coa música de "A saia da Carolina”)



26/10/08

TEMPO DE MAGOSTO

Chega o tempo do magosto.
Antes de que o celebremos todos xuntos
no patio mirade que “artistadas” fixeron
no primeiro ciclo , con varios froitos secos!!





E NON VOS OLVIDEDES QUE O CONCURSO
DA CASTAÑA
XA ESTÁ EN MARCHA.
ATA O 31 DESTE MES TEDES DE PRAZO
PARA ATOPAR A CASTAÑA MÁIS GRANDE
OU A CASTAÑA MÁIS PEQUENIÑA .
Recollerase só unha de cada, por clase,
así que buscade ben antes de decidir

QUEN ATOPARÁ …

A CASTAÑA MÁIS GRANDE
E
A CASTAÑA MÁIS PEQUENIÑA

DE TODO O COLEXIO ?

PRÓXIMAMENTE…

25/10/08

FROITOS DE OUTONO

Un ano máis a exposición de froitos de outono
mostra unha gran variedade de froitos secos e carnosos.
A todas e todos sorprendeunos un “enorme” limón
e unha cabaza moi , moi alongada e “prateada”
que nos fixo pensar…será a de Cincenta ¿??

24/10/08

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Como xa sabedes, o día 24 celébrase o día internacional das bibliotecas aínda que este ano decidiuse celebrar o mes enteiro, como xa vos informamos.
Levamos todo o mes con sesións para formaros como usuarios pero hoxe queríamos celebralo dun xeito especial.Coas ideas e aportacións de todos regamos a nosa BIBLIOTECA, por iso na pinga de cada un escribimos "que é a biblioteca para ti"

Coas vosas aportacións seguiremos mellorando a nosa biblioteca.

Aqui podedes ver o resultado!!!


22/10/08

DAR VIDA ÁS ESPIGAS DE MILLO




TODOS OS DÍAS NO RECREO,O CORREDOR DA PLANTA BAIXA
ÉNCHESE DE NENAS E NENOS QUE SE ACHEGAN A ADMIRAR
A EXPOSICIÓN DE BONECAS E XOGUETES DE MILLO!!!
NORABOA A TODAS AS FAMILIAS QUE PARTICIPARON NA
ELABORACIÓN DOS MESMOS E LOGRARON CREAR E “DAR VIDA”
ÁS ESPIGAS DE MILLO!!!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

19/10/08

DO TEATRO, AO CONTO

Fai uns días asistimos á representación dun conto no auditorio.Como xa vos contamos regaláronnos o conto a saída e volvimos a lelo na clase . Hoxe queremos amosarvos algúns dos nosos debuxos sobre Martiño e os seus amigos.

Desexamos que vos gusten!!

II ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES



"Bibliotecas para ler e aprender", foi o lema dos "II Encontros de Bibliotecas escolares", ás que asistimos este fin de semana as profes Ángeles, Mar e Bea.


Alí estivemos formándonos e aprendendo sobre a lectura, compartindo intereses e experiencias con outros profes, interesados tamén polas bibliotecas e polo importante labor que teñen que realizar.


Ademais das experiencias de moitas Bibliotecas Escolares Galegas, integradas no PLAMBE, tivemos poñentes da categoría de Isabel Solé, José García Guerrero, Antonio Basanta,... referentes todos eles no mundo dos Libros, as Bibliotecas e a Lectura.


Vimos cargadas de ideas e proxectos , así que ¡preparádevos !



16/10/08

PRESENTACIÓN DOS MEMBROS DO CLUB DE LECTURA


Hoxe queremos presentarvos os membros do noso Club de Lectura.Son tantos que tivemos que formar dous grupos. Xa teñen as súas tarxetas de identificación, logotipo do club e, o máis importante! os libros.Como son grupos tan numerosos decidimos empezar cada grupo cun título diferente e para o mes intercambiarémolos.
Na foto aparecen os do primeiro grupo, na próxima presentámosvos o outro.

13/10/08

CERTAME DE RELATOS DE MEDO


O certame de relatos de medo deste ano xa está convocado:


BASES


o Poderán participar todos os alumnos e alumnas do centro


o Os textos deberán ser orixinais e inéditos


o Terán unha extensión libre.


o Entregaránse nun folio ao seu Titor/a ou na Biblioteca do Centro ata o 25 de outubro, venres. Non se aceptarán traballos fora do plazo previsto


o Os folios cos relatos conterán o nome, apelidos e curso do autor


o Haberá un premio por participar.Os relatos quedarán na biblioteca


o Tamén decoraráse o folio cun debuxo alusivo ou debuxos decorativos, tipo marcos ou cenefas.


o Todas as obras recibidas exporánse durante a Semana. Publicaránse no blog da biblioteca.


¡Animádevos a participar!

¡¡Pasarémolo de medooooo!!

10/10/08

CÓNTALLO EN GALEGO



Hoxe a compañía de Teatro Matapiollos representounos no Auditorio a obra Flis-fli-ris-flás.

Unha iniciativa do Concello en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, para potenciar o uso do galego.

Martiño, ten certos medos, como á oscuridade, e cando chega o momento de durmir, fai todo o que pode para non quedarse a escuras.Axúdanlle os contos que lle le o seu pai.

Invitan aos rapaces e rapazas a acompañar a Martiño, incluso con cancións, ata un mundo cheo de emocións e aventuras onde os medos marcharán, por fín, para sempre.

Todos os asistentes foron agasallados cunha bolsa que incluía un conto, para traballar desde a familia arredor da lingua e a lectura, e un CD interactivo. Para os pais , ademais, un tríptico coa idea de sensibilizalos da importancia do seu traballo como transmisores e fomentadores da lingua e do amor polos libros.

Tan pronto chegamos ao colexio xa estaban desexando ler o conto.

¡Que ben o pasamos!


3/10/08

PIRIMEIRA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA




Hoxe foi a presentación dos membros que queren formar parte do Club de Lectura.
Somos case 30 lectores, polo que teremos que formar dous grupos.

Toda a información sobre este tema terédela no blog do Club de Lectura. Neste contarémosvos a proposta dos libros que imos a ler e outras suxerencias.

Estamos moi contentos coa vosa participación!


2/10/08

TEMPO DE OUTONO


Chega o “Tempo de outono” e o noso cole, prepárase para mostrar a gran variedade de froitos que a natureza ofrece no noso entorno .

Agardamos que todas e todos colaboredes na montaxe desta exposición que cada ano fai que recibamos a esta estación cos brazos abertos !!

Ademáis estamos desexando ver as bonecas e xoguetes que ides facer coas espigas de millo, seguindo os consellos dos vosos maiores!! .


De seguro que “molarán”!!


Ánimo, Participa !!


1/10/08

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Por primera vez, Outubro é o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. En Xaneiro aprobouse o cambio do Día internacional polo do mes internacional. Así, os responsables das bibliotecas escolares poderemos elexir o día deste mes que mellor se adapte ás nosas necesidades. O lema escollido para este ano é "A alfabetización e aprendizaxe na biblioteca escolar".
Seguro que todos os responsables galegos xa temos en marcha moitas actividades, para este e os meses seguintes.