10/10/08

CÓNTALLO EN GALEGO



Hoxe a compañía de Teatro Matapiollos representounos no Auditorio a obra Flis-fli-ris-flás.

Unha iniciativa do Concello en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, para potenciar o uso do galego.

Martiño, ten certos medos, como á oscuridade, e cando chega o momento de durmir, fai todo o que pode para non quedarse a escuras.Axúdanlle os contos que lle le o seu pai.

Invitan aos rapaces e rapazas a acompañar a Martiño, incluso con cancións, ata un mundo cheo de emocións e aventuras onde os medos marcharán, por fín, para sempre.

Todos os asistentes foron agasallados cunha bolsa que incluía un conto, para traballar desde a familia arredor da lingua e a lectura, e un CD interactivo. Para os pais , ademais, un tríptico coa idea de sensibilizalos da importancia do seu traballo como transmisores e fomentadores da lingua e do amor polos libros.

Tan pronto chegamos ao colexio xa estaban desexando ler o conto.

¡Que ben o pasamos!


No hay comentarios: