Desde o martes 15 de marzo colocaremos tiras de papel , como colas de traxes , estamos colgando os vosos poemas e así poder compartir as vosas creacións . Xa sabemos que algúns aproveitades diferentes momentos para lelos, non só na “ hora de ler “.
28/3/11
13/3/11
BOLBORETAS NO PAPEL
Durante todo o mes de marzo seguiremos falando, lendo e escribindo poesía. Hoxe invitámosvos a disfrutar desta poesía.
Mírase no espello,
con todas as cores
unha bolboreta
que viviu nas flores.
Mírase fermosa
Mírase belida tan chusca tan leve tan chea de vida.
Sobe e baixa e sobe
diante do espello.
El está ben canso
e séntese vello.
E séntese triste ao vela voar. Linda bolboreta, non te mires máis.
(C) Antonio García Teijeiro
Bolboretas no papel
con todas as cores
unha bolboreta
que viviu nas flores.
Mírase fermosa
Mírase belida tan chusca tan leve tan chea de vida.
Sobe e baixa e sobe
diante do espello.
El está ben canso
e séntese vello.
E séntese triste ao vela voar. Linda bolboreta, non te mires máis.
(C) Antonio García Teijeiro
Bolboretas no papel
12/3/11
VESTIR AS PAREDES DE POESÍA
Estamos no momento de facer obras agora que a primavera empeza a quentar . Unha reforma fácil e colorista é a que vos propoñemos :
Vestir as paredes de poesías
Desde o martes 15 de marzo colocaremos tiras de papel , como colas de traxes , desde as nosas árbores da ilusión, donde poderedes colgar os vosos poemas e compartir as vosas creacións . E, así teredes un estupendo lugar para disfrutar da vosa “ hora de ler “ nos quince días seguintes.
Antonio García Teijeiro é un dos nosos poetas favoritos, por iso deixóvos este vídeo para que saibades os motivos que lle levaron a escribir poesía. Seguro que cada un de vos tamén descubriredes os vosos motivos.
Boas rimas !
6/3/11
FESTA DE ENTROIDO
Durante estas semanas estivemos preparando o Entroido.Este ano o tema escollido foron os contos.
"Os tres porquiños", "Brancaneves e os sete ananiños", "O soldadiño de chumbo", "O mago Merlín","Carapuchiña Vermella", "Aladín", "O Gato con Botas", "Moby Dyck" e "Academia de piratas", foron os títulos dos libros dos que saíron os personaxes deste entroido.
Aquí tedes unha pequena reportaxe.
"Os tres porquiños", "Brancaneves e os sete ananiños", "O soldadiño de chumbo", "O mago Merlín","Carapuchiña Vermella", "Aladín", "O Gato con Botas", "Moby Dyck" e "Academia de piratas", foron os títulos dos libros dos que saíron os personaxes deste entroido.
Aquí tedes unha pequena reportaxe.
SOBREMESAS DE ENTROIDO
O xoves puidemos ir ao cole co noso disfraz favorito e celebrabamos a gran merenda coas sobremesas de entroido que trouxemos da casa. Foi moi divertido chegar ao cole e ver todos os disfraces . Xa máis tarde, saímos a merendar ao patio. Probamos un montón de postres: filloas, orellas, leite fritida... e COMA SEMPRE... TODO ESTABA MOI RICO.
GRACIAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)