28/5/12

PREMIO NO REBUMBIO MATEMÁTICO

O “rebumbio matemático “ é una competición no campo de xogo das distintas matemáticas : cálculo , estatística , xeometría … organizado pola Asociación galega de profesorado de educación matemática (http://www.agapema.org/?q=taxonomy/term/13 ) detalles descritos no artigo periodístico que segue : (http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2012/04/24/forum-prepara-nuevo-rebumbio-matematico/602319.html )  e que vos dará cumprida resposta do que  significa e da importancia que en campos como o da educación ten este concurso .


Pola nosa parte concreta de persoas participantes : moitas alegrías . Desde o primeiro momento en que o alumnado é escollido é vivir  nun continuo estado medio doce ,medio ansioso. Por un lado é un orgullo , sen dúbida , pero  por outro chéganos un pequeno temor a se un será capaz de estar à altura .

 Estudamos e estudamos, e na fase final quedamos entre os quince mellores en matemáticas de Galiza ,e conseguímolo : gañamos . Quedamos terceiros!!

Foi unha enorme alegría por nós e por todos vós que nos estabades esperando . Grazas por animarnos . Somos capaces !

Desde esta biblioteca , beixos e abrazos para Iago ,Marta e Anxo e para todas e todos que participaron no rebumbio e para todos e todas que deron ánimos e para todos  e todas os profes que puxeron silenciosamente a súa parte para conseguilo .

Nós si , We can !




21/5/12

PRESENTACIÓN DO LIBRO "ANDEIS BALEIROS"


Este mércores pasados acompañamos a Susana Lamela na presentación do seu novo libro "Andeis baleiros". Foi un luxo poder compartir con ela este momento tan especial.
Ani, o protagonista do primeiro libro, enfeitizoume e nesta nova aventura volve facelo. Vai con Mar á casa dos avós, na vila de Lerentrenós, e no faiado coñece un volume sobre Exipto, que lle conta a historia dos libros que vivían aló. Cando regrese á biblioteca terá moitos relatos para contarlles aos seus compañeiros de andeis.
Dende aqui queremos felicitar a Susana polo traballo realizado e animala a que nos siga engaiolando coas súas historias.

EXPOSICIÓN DOS NOSOS ESCRITORES






Un ano máis puidemos disfrutar dos libros feitos polo noso alumnado ao longo do curso. Cada ano que pasa esméranse máis nas súas creacións.

NORABOA ESCRITORES!!!