31/12/11

FELIZ ANINOVO




Xa sabemos que Asterix e Obelix son dous dos vosos protagonistas favoritos de cómics, por iso escollémolos para felicitarvos o ANINOVO. Desexámosvos que neste ano que comenza disfrutedes de máis lecturas.


Como xa ben sabedes o tema do proxecto da biblioteca deste ano son OS XOGOS OLÍMPICOS,por iso deixámosvos este trailer de Asterix e Obelix nos xogos olímpicos como pequeno agasallo.


Disfrutádeo!!!





28/12/11

UN LIBRO POLO NADAL










Chegadas estas festas, coma os últimos anos, abrimos as portas da nosa biblioteca coa exposición de novidades dalgunhas editoriais. Esta actividade está incluída dentro da nosa campaña "Un libro polo Nadal". Foi visitada polos diferentes niveis e os martes pola tarde polas familias para xuntos escoller posibles títulos e poder incluílos na lista de agasallos.


Non vos esquenzades de pedir, polo menos, UN LIBRO POLO NADAL!!!

19/11/11

OLIMPIADAS MONSTRUOSAS



Os peques de E ducación Infantil tamén quixeron participar na proposta da biblioteca para o Samaín. Eles decidiron ilustrar os seus medos nas olimpiadas.
Disfrutade da súa exposición.

O NOSO OUTONO







Un ano máis puidemos disfrutar da exposición de outono no noso centro.
Que mellor forma para recibilo , que facer voar a imaxinación e crear bonitos diseños coas follas e os froitos que nos agasalla esta estación .
Xunto a estas creacións feitas polo alumnado xunto coas súas familias, puidemos ver os diferentes froitos de outono e aprender moitas cousas sobre eles.
As follas caen no outono, pero para os alumnos e alumnas de 1º caen de soño e así quixérono reflexar nun recuncho da exposición.
,

Disfrutade desta pequena mostra da exposición e grazas a todos pola vosa colaboración.


4/11/11

UNHA BIBLIOTECA QUE METE MEDO









Durante estas semanas a biblioteca do noso cole vestiuse para o Samaín.
Neste entorno pasamos mooooito meedo, e tamén rimos ás gargalladas con algunha das vosas interpretacións. Disfrutamos cos relatos escritos por todos vos, superándoos cada ano máis. Este ano estaba máis complicado xa que as historias tiñan que estar ambientadas nas olimpiadas, pero unha vez máis demostráchedes o voso talento

Tamén puidemos disfrutar da exposición de libros , na biblioteca, habitados por trasgos, meigas, fantasmas, monstruos…

O ambiente que se creou na biblio era arrepiante.Un ano máis o Samaín deu moito que ver e escoitar!

Pasámolo de medooooo!!!

23/10/11

BIBLIOTECA ESCOLAR, ÚLTIMA XERACIÓN


No mes de outubro as bibliotecas escolares xa estamos inmersas en proxectos e actividades.

Este ano para celebrar o Día da biblioteca (24 de outubro), o mes da biblioteca escolar (segundo convocatoria da IASL), a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe de Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic, interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión do que son e poden ser as bibliotecas escolares:
" lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía".


(Vía Asesoría de Bibliotecas Escolares Galegas)

19/10/11

OLIMPIADAS MONSTRUOSAS


  • Poderán participar todos os alumnos e alumnas do Centro que queiran individualmente ou en grupos, presentando textos no caso de 3º a 6º e deseños ou bandas os de infantil e 1 º ciclo .
  • Os textos , orixinais e inéditos , serán de extensión libre e versarán sobre o tema : “ Olimpiadas Monstruosas”
  • Os textos terán que vir decorados con debuxos alusivos e/ou marcos ou cenefas .
  • Os folios cos relatos conterán o nome, apelidos e curso da autoría e serán corrixidos e entregados à titor/a ata o 28 de outubro, xoves . Sortearemos regalos por participar .
  • Durante a 1ª semana de novembro poderemos asistir na Bilio à lectura ou representación dos
  • relatos por parte de autores de 6º .
  • E tamén no noso blogue !!!
  • o Os relatos poderán recollerse na semana do 7 de novembro para pasar a ser parte da carpeta literaria de cada autor.
Animádevos a participar!

Pasarémo-lo de medo!!!


12/10/11

SOMOS LECTORES OLÍMPICOS



Os profes , levamos xa unhas semanas pensando e decidindo un novo tema para o PROXECTO DA BIBLIOTECA deste curso.
Imos traballar o tema das OLIMPIADAS a través dun proxecto que titularemos:

SOMOS LECTORES OLÍMPICOS


Agora que xa temos un lema para o noso proxecto, ídevos preparando porque este curso ímonos convertir en lectores olímpicos. Leremos, investigaremos e aprenderemos moitas cousas sobre as olimpiadas.

Preparados... listos... xa!!!


9/10/11

MELLORANDO A NOSA COMPRENSIÓN ORAL E ESCRITA


Hoxe queremos invitarvos a entrar nesta páxina donde poderedes ler e escoitar unha chea de contos para pasar un bo rato , e nos permitirá mellorar a nosa comprensión oral e escrita.

Clica na imaxe de arriba para empezar.

ARMANDO CONTOS



Anímate a armar un conto
.Escolle personaxes e situacións e…. case por arte de maxia aparecerá o conto que ti creáches, e poderás velo cantas veces queiras.Invitámoste a que explores este sitio e o empeces a construir .
Lembra o que leíches, as opcións que e
scolléches e escribe o teu conto no teu caderno para poder compartilo cos demáis .

Clica na imaxe e empeza a armar o teu conto

20/9/11

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO


De vacacións sempre se está ben.Verdade? Vimos coas pilas recargadas. Xa estamos de novo dispostos a empezar este curso 2011-2012.
Dende a biblioteca queremos darvos a benvida e dicirvos que esperamos veros moito por aquí.
Este curso teremos novidades, coma sempre.
De momento ...

Preparados! Listos! Xaaa!

27/6/11

FELICES VACACIÓNS!!










Outro curso que remata cun montón de lembranzas na memoria, no corazón...
Para celebralo , tivemos a actuación do grupo MIGALLAS, que nos amenizou o día coas súas cancións e bailes.

¡¡Felices vacacións e boas lecturas!!


8/6/11

MEMORIAS DUN NENO LABREGO















Este ano celébrase o 50 aniversario da publicación deste magnífico libro. Foi un dos libros máis lidos en galego. Xosé Neira Vilas foi capaz de emocionarnos aos lectores coas historias de balbino.


No noso colexio houbo moitos que se animaron a lelo. Os de 6º A incluso fixeron algún traballo e ilustraron a parte que máis lles gustou.

Para os que todavía non vos animáchedes a lelo, e para que o fagades no verán, deixóvos este pequeno vídeo .




6/6/11

MANIFESTO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas

Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.

Colectivo dos equipos das bibliotecas escolares integradas no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares Galegas)

30/5/11

VI MOSTRA DE TEATRO





Un ano máis chegou o teatro ao noso centro coincidindo coas Letras Galegas. Ano tras ano vanse superando os nosos actores e actrices.

Noraboa a todos os participantes!!

27/5/11

LER TEATRO PARA PASAR UN BO RATO







O mes de maio é o mes das Letras e no noso centro é tamén o mes do teatro. Facemos exposición temporais cos fondos da biblio, animando deste xeito a tódolos rapaces e rapazas a ler teatro. Coincidindo coas Letras Galegas tamén puidemos disfrutar da VI Mostra de teatro.



Leed teatro para pasar un bo rato !!


26/5/11

GRANDES ESCRITORES DO BOUZA BREY














Un ano máis puidemos disfrutar da exposición dos libros feitos polo alumnado ao longo do curso.

Cada ano vanse superando e as caras dalgúns deles son reflexo do que disfrutaban lendo os libros dos compañeiros.