25/3/10

IMAXES DESTE MARZO POÉTICO

Durante este mes tivemos diferentes actividades relacionadas coa poesía. Houbo ata piruletas de corazón para os participantes no certame, para que sigan amando a natureza .Hoxe querémosvos deixar unha pequena mostra .


21/3/10

FELIZ DÍA DA POESÍA

Hoxe 21 de Marzo, ademais de ser o día que comeza a Primavera, é o día internacional da Poesía. Durante toda esta semana, na biblioteca, poderemos escoitar os poemas, sobre a natureza, que escribíchedes.

SE DA POESÍA QUERES DISFRUTAR,

NO RECREO PODERALA ESCOITAR.

Como agasallo deixámosvos un poema de Paula Carballeira , unha das nosas escritoras favoritas, na voz de Mar Bargiela.



ILUSTRANDO POEMAS

Durante este mes estivemos traballando a poesía nas aulas.Os nosos peques de Infantil tamén, e ademáis ilustráronnos algúns.
Deixámosvos unha pequena mostra dos seus traballos.




.









MENUDOS ARTISTAS TEMOS NO COLE!!!

19/3/10

UXÍO NOVONEYRA NO MES DA POESÍA

Como ben sabedes todos, o mes de marzo dedicámolo á poesía dende hai varios anos.
Que mellor maneira de celebralo, este ano, que dedicar un día a recitar poemas de Uxío Novoneyra. Grazas a un grupo de voluntarios de sexto, puidemos empezar a familiarizarnos con este personaxe a quen se lle dedican este ano as Letras Galegas. Tiveron os seus agasallos correspondentes por participar. Cando rematou o acto repartíronse poemas entre o público asistente.


CONTACONTOS PARA OS DE INFANTIL


Esta semana os de Educación Infantil tiveron unha actuación moi especial na biblioteca. María Eirimia contoulles varios contos coa axuda duns personaxes que sacaba da súa maletiña. Puidemos disfrutar desta sesión grazas á Editorial Oxford.
As caras dos nosos peques reflexan a maxia que se conseguiu crear.


GRAZAS MARÍA POLOS TEUS CONTOS!!!

14/3/10

UXIO NOVONEYRA NA NOSA BIBLIOTECA

Para ir coñecendo algúns dos poemas deste escritor ,a quen se lle dedican as letras, deixámosvos unha pequena mostra.


Cai a neve cai
Falopiña a falopiña
Nin o vento a arremuíña
Nin a auga a desfai
.
............................
Brila a auga nas beiras…

Calzas do cuco polas uceiras
i as bouzas dos outos boscos
nos tesos núos e foscos!

Loairas de sol!
Ventaladas de aire e razadas de auga!

Metidiño na camiña,
tapadiño hasta as orellas,
sinto zapicar as beiras
e xubriar a ventanía.
......................................
Pacen as vacas
na nabarega.
Treme a pequena
que vai co elas.
Febreiro Chove
febreiro xea
febreiro nevaneve lixeira…


ANIMÁDEVOS A MEMORIZAR ALGÚN DELES!!!

13/3/10

REMATA A SEMANA DA PRENSA

Esta semana puidemos contemplar e traballar a exposición espléndida sobre a prensa mundial que nos prestou a biblioteca do IES Pazo da Mercé, todo tipo de xornais :deportivos, económicos, rexionais ... e incluso algúns exemplares comarcais, que xa se deixaron de publicar fai anos. Conta cunha gran variedade de xornais e linguas que podemos observar. Ademais,vai acompañada dunha serie de fichas informativas sobre cada exemplar. O alumnado realizaba un cuestionario que iba cubrindo cos datos observados na exposición.
Algúns cursos utilizaron os xornais na "Hora de Ler" . Outros usaron a hora que lles corresponde de biblioteca. Outro momento que se aproveitou para este fin foi a hora do recreo.



Cool Slideshows

7/3/10

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora , un bo momento para lembrar a defensa dos dereitos da muller e para reivindicar ditos dereitos públicamente con máis forza que nunca.Dende aqui queremos homenaxear a todas aquelas mulleres que loitaron e aínda loitan pola mesma igualdade de dereitos e de oportunidades.

Se queredes saber máis sobre a orixe desta celebración invitámosvos a ver este vídeo

SEMANA DA PRENSA


Gerónimo Stilton é un dos nosos xornalistas favoritos, traballa na redacción de "O Eco do Roedor", se queredes visitalo só tedes que clicar na imaxe.


Empezaremos a semana abrindo as portas da exposición "Xornais do mundo", prestada polo IES Pazo da Mercé (As Neves).Descubriremos os diferentes alfabetos e a gran variedade lingüítica que hai no mundo.

Preparádevos para investigar no mundo dos xornais durante esta semana!!!

3/3/10

CONTRA UN MAR DE PLÁSTICOS

Viana, alumna de 5º, fíxonos chegar este vídeo que atopou e que lle impresionou.
Que estamos facendo cos nosos mares? Os plásticos representan un perigo real para a vida mariña.Moitas especies se ven afectadas por esta contaminación.

Un consello para este verán:

NON TIREDES BASURA NA PRAIA!!!

1/3/10

O XARDÍN DE FLOPILOPI

Outro conto dos nosos ecoescritores. Disfrutádeo!!!


Flopilopi, era u pequeno verme que nunca tivera problemas, ata que unha horrible planta carnívora se instalou a carón de donde el vivía.
Dous amigos, Piñeiro e Xesta, estaban a dar un paseo cando escoitaron que detrás dun montón de herbas, saía Flopilopi.
- Auxilio!, vanme matar todas as plantas do xardín, e unha carnívora quere ser a primeira!, Socorro!. Dixo o vermiño moi asustado.
As dúas árbores quixeron axudarlle e dicidiron fabricar pole para tirarlle a planta carnívora e así deixaría ao vermiño tranquilo.
Así o fixeron, conseguiron moitas sementes que había tiradas no chan, colléronas e lanzáronllas todas. Tras un duro combate, Xesta conseguiu derribar a planta carnívora e o xardín voltou á normalidade e Flopilopi seguiu coa súa vida a carón das súas plantas amigas.


IAGO BARROS DOMÍNGUEZ (4ºA)