14/2/09

O RECUNCHO DE DON MOUCHO ESTÁ DE ENTROIDO




No corredor principal do colexio, moi preto da Biblioteca, puxemos un mural con informacións interesantes sobre o Entroido tradicional en Galicia. LÉDEAS CON MOITA ATENCIÓN... pois as respostas ás preguntas de “O RECUNCHO DO MOUCHO” atoparédelas nel.

ESTAS SON AS PREGUNTAS:

1ª.-SABES DE ONDE É TÍPICO O DISFRAZ DE CIGARRÓN E PELIQUEIRO?

2ª.- ONDE SE SUPÓN QUE ESTÁ A ORIXE DESTES DISFRACES, SEGÚN O ESCRITOR FERMÍN
BOUZA BREY ?


3ª.-SABES CANTO PESAN AS CHOCAS QUE LEVAN COLGADAS
OS CIGARRÓNS?

4ª.-QUE LEVAN NAS MANS AS PANTALLAS DE XINZO?


5ª.-QUE DECORACIÓNS UTILIZAN NAS CARAUTAS DAS PANTALLAS DE XINZO?

6ª.-EN QUÉ POBO DE GALICIA É TÍPICO O DISFRAZ DE MADAMAS E GALÁNS?


7ª.-QUÉ LEVAN COSIDO NOS SOMBREIROS DOS DISFRACES DE MADAMAS? CÁNTO CHEGAN A PESAR?



¡¡BUSCA, BUSCA E ATOPARÁS AS RESPOSTAS!!

12/2/09

BICENTENARIO DE DARWIN

Hoxe celébrase o bicentenario de Darwin, un dos científicos máis importantes de todos os tempos.O home que sostivo que as especies transfórmanse noutras gracias á selección natural.
Aqui deixámosvos este vídeo sobre a súa vida.

A NENA QUE SILENCIOU A ONU

Hoxe queremos compartir con todos vos un discurso dunha nena de 13 anos que impresionou polos seus argumentos e o xeito en que trata varios temas actuais de importancia mundial.
Severn Suzuki o 3 de xuño de 1992 desplazouse cun grupo de amigas (Vanessa Suttie, Morgan Geisler y Michelle Quigg) pertencentes a ECO (Environment Children Organization),unha organización en defensa do medio ambiente que fundaran dous anos antes, desde Vancouver(Canadá) a Río de Xaneiro para facer escoitar a súa voz aos representantes gubernamentais alí congregados con motivo da celebración da "Conferencia de Medioambiente e Desarrollo: The Earth summit" da ONU. Alí a súa voz sonóu con firmeza e convencimento durante pouco máis de 5 minutos.



11/2/09

XA CHEGA O ENTROIDO!!


Xa chega o entroido!!

“Tempo para a diversión e para o bo xantar...”

Hoxe querémosvos invitar á lectura dun poema da escritora Ana Mª Fernández que fala precisamente desta festa,e ademáis propoñémosvos un reto:

Seredes capaces de aprendelo de memoria?


O Entroido

Eu no Entroido teño medo

deste feo cigarrón;


vai choutando polas rúas,

as súas chocas fan ¡tolón!


Faremos as carautas,

troulearemos a cachón.


Pero gústame o Entroido polos

grelos e o lacón,


pediremos polas portas

filloas, chulas, roscóns…


a cachucha, os chourizos

o entrecosto e os roxóns.




9/2/09

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL




Un ano máis, chega a Pontevedra un evento que reunirá a familias, mestres e alumnos entorno á literatura. Dende o 1 de febreiro ata o 15 de marzo estase a celebrar a X edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que ten como tema central o amor.

O amor é o eixe central de todas as actividades deste encontro e no que se inspiran os traballos escolares que participan na exposición que se exhibirán no Pazo da Cultura.

Na biblioteca tamén temos libros que nos falan de amor e de amizade, disfrutade da lectura destos libros que teremos na exposición durante esta semana.

Dende aquí animámosvos a visitar o Salón do Libro.

Non vos arrepentiredes!!

2/2/09

CALENDARIO ILUSTRADO

Empezamos febreiro con frío, auga, vento…
por iso o refraneiro popular dí así:

“Febreiriño curto
cos seus días vinteoito

se duras máis catro

non queda can nin rato…”


Queredes coñecer outro refrán?
Foi ilustrado por Elías de 5º A
e vai adicado á parroquia de Areas…

“Polo San Blas
figueiras plantarás
e figos comerás…!”

E o 3 de febreiro
se o queres festexar…

a parroquia de Areas

terás que visitar!!