9/2/09

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL




Un ano máis, chega a Pontevedra un evento que reunirá a familias, mestres e alumnos entorno á literatura. Dende o 1 de febreiro ata o 15 de marzo estase a celebrar a X edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que ten como tema central o amor.

O amor é o eixe central de todas as actividades deste encontro e no que se inspiran os traballos escolares que participan na exposición que se exhibirán no Pazo da Cultura.

Na biblioteca tamén temos libros que nos falan de amor e de amizade, disfrutade da lectura destos libros que teremos na exposición durante esta semana.

Dende aquí animámosvos a visitar o Salón do Libro.

Non vos arrepentiredes!!

No hay comentarios: