11/2/09

XA CHEGA O ENTROIDO!!


Xa chega o entroido!!

“Tempo para a diversión e para o bo xantar...”

Hoxe querémosvos invitar á lectura dun poema da escritora Ana Mª Fernández que fala precisamente desta festa,e ademáis propoñémosvos un reto:

Seredes capaces de aprendelo de memoria?


O Entroido

Eu no Entroido teño medo

deste feo cigarrón;


vai choutando polas rúas,

as súas chocas fan ¡tolón!


Faremos as carautas,

troulearemos a cachón.


Pero gústame o Entroido polos

grelos e o lacón,


pediremos polas portas

filloas, chulas, roscóns…


a cachucha, os chourizos

o entrecosto e os roxóns.