13/12/12

UN LIBRO POLO NADAL





Un ano máis, abrimos as portas da nosa biblioteca coa exposición de novidades dalgunhas editoriais. Esta actividade está incluída dentro da nosa campaña "Un libro polo Nadal". Durante o mes de decembro é visitada polos diferentes niveis e os martes pola tarde polas familias,  para xuntos escoller posibles títulos e poder incluílos na lista de agasallos.

Non vos esquenzades... UN LIBRO POLO NADAL!!!

BO NADAL E FELICES LECTURAS! 

16/11/12

CELEBRANDO O SAMAÍN


Durante estas semanas a nosa biblioteca vestiuse para celebrar o Samaín, incluso a nosa mascota, Don Moucho, preparouse para a ocasión. Os nosos pequenos ilustraron os seus medos e os maiores escribiron relatos de medo, moitos dos cales foron logo lidos e escenificados na biblioteca.






Pasámolo de medo!!!




11/11/12

CELEBRANDO O MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Durante  outubro levamos a cabo no cole diferentes acividades para celebrar o Mes das Bibliotecas Escolares.
  •  Estrenamos decoración.
 
  • Puxemos en marcha de novo a Hora de Ler.

     

  • Organizamos unha exposición de "Lecturas recicladas"cos libros favoritos dos profes cando eles eran pequenos. Este tamén é o nome do proxecto deste ano para a nosa biblioteca. Neste tempo de crise consideramos un bo momento para ensinarlle ao noso alumnado a posibilidade de reusar e reciclar, incluindo as lecturas. 
         



1/11/12

AS MOCHILAS VIAXEIRAS XA VAN DE CAMIÑO



Un ano máis sairon da biblioteca as Mochilas Viaxeiras cargadas de boas lecturas e cine para compartir en familia.Chegarán ás vosas casas cada semana co obxectivo de animar a ler en familia. Xa percorreron un montón de casas durante estos anos con numerosas aportacións  vosas, que deixáchedes reflexadas nos cadernos que van nelas. 
 Agardamos que sigades disfrutando como ata agora e gustaríanos poder compartir con vós algúns deses momentos, a través das fotos que nos fagades chegar ao correo da biblioteca

bibliobrey.ponteareas@gmail.com

Unha vez máis, gracias a todos por participar...

11/10/12

XA ESTÁ EN MARCHA O CLUB DE LECTURA


A nosa bIblioteca "A FRAGA DOS SOÑOS" xa ten novos membros no club de lectura. Se queredes estar informados sobre as súas xuntanzas só teredes que visitarnos no blog do Club de Lectura Bibliobrey, clicando no enlace que aparece no lateral.

9/10/12

MOSTRA DE RELATOS DE MEDO

  • Poderá participar o alumnado do Centro  que desexe, ben  individualmente  ou ben   en grupos  presentando   textos, no caso de 3º a 6º,    e  debuxos os de infantil e 1 º ciclo .
  • Os textos , orixinais e inéditos ,  serán de extensión libre e versarán sobre o tema do SAMAÍN.
  • Os  textos terán que vir   decorados con debuxos alusivos  e/ou    marcos ou cenefas .
  • Os folios cos relatos levarán o nome, apelidos e curso do alumn@ e serán   corrixidos   e   entregados  ao  titor/a  até   o      26  de outubro,  venres .     Haberá sorpresas por participar !                                
  • Durante a 1ª semana de novembro  poderemos asistir na Biblio à  lectura ou representación dos relatos por parte de autores   de .         E tamén neste blog  !!!
  • Os relatos poderán recollerse na semana do 12 de novembro  para pasar a ser parte da carpeta literaria de cada autor.            

          Animádevos a participar!    
        Pasarémolo   de  medo!                                                                        
                                                     

17/9/12

BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN





Este é o lema co que se  presenta o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) . Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide, que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca. 
As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativar , con propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade.
Neste novo curso seguiremos, dende a biblioteca do noso centro, innovando, sorprendendo e ilusionando.



3/7/12

ROTEIRO LITERARIO DO CLUB DE LECTURA


O curso rematou e con él despedimos aos dous clubs de lectura deste ano cun roteiro literario polo río Tea. Fixemos unha pequena avliación  e limos diferentes poemas sobre o río.Foron momentos moi emotivos.

Moita sorte para a nova etapa que empezades.

ATA SEMPRE !!!

28/5/12

PREMIO NO REBUMBIO MATEMÁTICO

O “rebumbio matemático “ é una competición no campo de xogo das distintas matemáticas : cálculo , estatística , xeometría … organizado pola Asociación galega de profesorado de educación matemática (http://www.agapema.org/?q=taxonomy/term/13 ) detalles descritos no artigo periodístico que segue : (http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2012/04/24/forum-prepara-nuevo-rebumbio-matematico/602319.html )  e que vos dará cumprida resposta do que  significa e da importancia que en campos como o da educación ten este concurso .


Pola nosa parte concreta de persoas participantes : moitas alegrías . Desde o primeiro momento en que o alumnado é escollido é vivir  nun continuo estado medio doce ,medio ansioso. Por un lado é un orgullo , sen dúbida , pero  por outro chéganos un pequeno temor a se un será capaz de estar à altura .

 Estudamos e estudamos, e na fase final quedamos entre os quince mellores en matemáticas de Galiza ,e conseguímolo : gañamos . Quedamos terceiros!!

Foi unha enorme alegría por nós e por todos vós que nos estabades esperando . Grazas por animarnos . Somos capaces !

Desde esta biblioteca , beixos e abrazos para Iago ,Marta e Anxo e para todas e todos que participaron no rebumbio e para todos e todas que deron ánimos e para todos  e todas os profes que puxeron silenciosamente a súa parte para conseguilo .

Nós si , We can !




21/5/12

PRESENTACIÓN DO LIBRO "ANDEIS BALEIROS"


Este mércores pasados acompañamos a Susana Lamela na presentación do seu novo libro "Andeis baleiros". Foi un luxo poder compartir con ela este momento tan especial.
Ani, o protagonista do primeiro libro, enfeitizoume e nesta nova aventura volve facelo. Vai con Mar á casa dos avós, na vila de Lerentrenós, e no faiado coñece un volume sobre Exipto, que lle conta a historia dos libros que vivían aló. Cando regrese á biblioteca terá moitos relatos para contarlles aos seus compañeiros de andeis.
Dende aqui queremos felicitar a Susana polo traballo realizado e animala a que nos siga engaiolando coas súas historias.

EXPOSICIÓN DOS NOSOS ESCRITORES






Un ano máis puidemos disfrutar dos libros feitos polo noso alumnado ao longo do curso. Cada ano que pasa esméranse máis nas súas creacións.

NORABOA ESCRITORES!!!

29/4/12

LIBROS AO PATIO

Para rematar o Mes dos Libros que mellor maneira que saír ao patio a disfrutar da lectura nun espazo diferente. Farémolo mañán despois do recreo, se o tempo o permite. Non vos esquenzades de traer o voso   libro "favorito" e tratar de recordar por que razón o elexides.

26/4/12

ABRIL MES DOS LIBROS

Como xa sabedes Abril é o mes dos libros por iso hoxe queremos deixarvos esta curtametraxe , baixo o título orixinal "The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore" de William Joyce e Brandon Oldenburg.


23/4/12

DÍA DO LIBRO



Neste día celebramos o Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro). A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
Hoxe queremos felicitar dun xeito moi especial a ANI, o libro protagonista de "Soños de andel" de Susana Lamela, xa que lle acaban de publicar unha aventura máis "Andeis baleiros". 
 

20/4/12

EXPOLIMPIADA NA BIBLIOTECA


O vindeiro luns 23 comenzará a exposición “Expolimpiada na biblioteca”. Nesta atoparedes libros sobre deportes, revistas e xornais.

Practica bibliodeportes!!

Non faltedes!!
Esperámosvos!!

24/3/12

POETAS OLÍMPICOS




















Un ano máis o mes de marzo enche o noso centro de poesía. Este ano convertíndonos en poetas olímpicos. Co espíritu das olimpiadas todos queremos participar nesta carreira, creando, lendo e disfrutando da poesía.

Non debemos olvidar nunca o verdadeiro espíritu das olimpiadas e aplicalo á nosa vida diaria:


"O importante nos Xogos Olímpicos non é gañar senón participar."


"O esencial na vida non é vencer senón loitar ben."

Barón de Coubertin (Pai dos Xogos Olímpicos Modernos)





10/3/12

ABRAHAM CARREIRO NO COLEXIO




Fai uns días, recibimos a visita de ABRAHAM CARREIRO, ilustrador e coautor de XOELIKI.
Cando limos este libro no club de lectura pareceunos xenial á maioría porque trataba temas moi actuais: internet, ciberpiratas, virus informáticos, chats, magicphones.....

Uxía e David, nos deron a coñecer a súa biografía nunha pequena presentación para dar paso a Abraham.Contounos como traballou e como foron xurdindo os personaxes de Xoeliki, baseándose en fotos, persoas, lugares... .

Foi unha experiencia inolvidable poder coñecer e preguntarlle directamente ao autor despois de ler o libro.

As vosas valoracións foron moi positivas.

Quedámonos con gañas de seguir preguntándolle e falando con él. Desexamos volver a telo moi pronto para falar do seguinte libro.

Moitas grazas Abraham por todo!!

26/2/12

ABRAHAM CARREIRO ESTE VENRES



A través do Consorcio Editorial Galego S.A. o venres 2 de marzo, imos contar coa visita de Abraham Carreiro, ilustrador de contos para nenos.
Esperamos con impaciencia ese día pois estamos seguros de que será unha experiencia que non esqueceremos.

O club de lectura de 6º, e outros moitos máis de 5º e 6º, estiveron lendo durante este mes o libro "Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata", con texto de Maties Segura e Abraham Carreiro e ilustrado por este último. Conta as aventuras dun neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto, e que é moi afeccionado aos videoxogos, ten unha amiga virtual e vese envolto nun conflito que terá que resolver. Un libro moi entretido, a lectura resulta agradable,polo que todos e todas estamos desexando poder ler a segunda parte.

Se queredes chegar ao libro a través da rede tamén o podedes facer, posto que conta coa súa propia páxina web, www.xoeliki.com., onde poderedes acceder a cada un dos personaxes, coñecer aos autores, e mesmo formar parte dun foro e da súa Rede Social Tesouros Piratas. Algo que vos vai encantar.

Se queredes saber sobre os comentarios dos membros do club de lectura podedes entrar no blog clicando na imaxe do libro.



19/2/12

SEMANA DE ENTROIDO

Esta semana foi moi entensa preparando o entroido. O Meco foi pedíndonos cada día un elemento novo,o xoves degustamos doces típicos destas datas, traidos polo alumnado, e o venres chegou o momento do desfile cos disfraces escollidos por aula.Rematamos coa queima do meco

Que ben o pasamos!!!

Aquí deixámosvos unha pequena mostra dos disfraces: