28/4/08

LIBROS AO PATIO

Para rematar a Semana do Libro que mellor maneira que sair ao patio a disfrutar da lectura nun espazo diferente.
Aqui amosámosvos algúns deses momentos:

23/4/08

DÍA DO LIBRO







Hoxe celebramos este día con diferentes actividades que xa vos fomos informando, exposición dos marcadores, confección dun mural coas portadas dos libros favoritos dos profes, cando eran pequenos ,e lecturas no recreo dos maiores aos pequenos.
O venres sairemos todos ao patio co noso libro favorito, alumnado e profesorado, para disfrutar dun tempo de lectura todos xuntos.Esta actividade tivemos que cambiala polo tempo.
¡Non vos olvidedes de traer un libro!



21/4/08

SEMANA DO LIBRO




Con motivo do Día do Libro decidimos dedicar esta semana a tal conmemoración programando diferentes actividades:




  1. Exposición de libros feitos por eles ao longo de todo o curso.Será visitada polo alumnado e polas familias.


  2. Lectura de contos na biblioteca dos maiores aos pequenos.


  3. Visitas á Biblioteca Municipal.


  4. Concurso de marcadores de páxinas con algunha mensaxe que anime á lectura.


  5. Elaboración dun mural cos libros que deixaron pegada nos profes.


  6. "Libros ao patio".Sairemos a ler ao patio co noso libro favorito, profesorado e alumnado.


Iremos contándovos sobre estas iniciativas pouco a pouco dende aquí, e para celebrar este día deixámosvos cun proverbio árabe:

"Un libro é como levar un xardín no peto"

18/4/08

ASHES AND SNOW



Hoxe queremos presentarvos a Gregory Colbert, canadiense que viaxou a diferentes países ( India, Tailandia, Exipto,…) para fotografiar esceas onde retrata a unión entre o home e a natureza incluso momentos nos que parecen compartir a lectura.

Recomendámosvos entrar na súa páxina web "Ashes and snow" e pasear a través dalgunhas das especies animais máis salvaxes e espectaculares do mundo nunha sorprendente armonía cos seres humanos.
Son imaxes cheas de calma e serenidade que nos invitan a unha viaxe máxica.

Disfrutade da poesía destas imaxes!

13/4/08

UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS


Seguimos investigando sobre a escola de antes, preguntándolles aos nosos maiores como era cando ían eles e pedíndolles fotos e materiais ,que usaban daquela, para montar a exposición.Pronto estará aberta e poderemos disfrutar dela.

Hoxe queremos presentarvos un cadro pintado pola bisavoa dun alumno de 6º, Marcos Abalde.Ten máis de 100 anos.Carmen Bueno morreu moi nova, cando o seu fillo pequeno, o avó de Marcos, tiña 6 anos, e nos seus cadros xa demostraba o importante que era para ela a hora do conto, a Hora de Ler.


8/4/08

MARCOS CALVEIRO NO NOSO CLUB DE LECTURA











Marcos S. Calveiro visitou hoxe o noso Club de Lectura.Puidemos intercambiar con él opinións e comentarios sobre “O Carteiro de Bagdad”.
Foron moitas as preguntas que lle fixeron os rapaces e rapazas sobre os personaxes, a ambientación da historia en Irak, sobre os seus libros favoritos cando era pequeno…
Comentounos que estaba "moi orgulloso de gañar un premio con este libro, sobre todo, porque é a primeira vez que o gaña unha obra en galego".
Algúns preguntáronlle se estivera en Irak, xa que describe Bagdad como se o coñecera, él explicoulles que non pero que utilizou recortes de prensa para a súa inspiración e incluso mostróunolos pegados nunha libreta.
En canto as ilustracións, Marcos S. Calveiro afirmou que se tivera que imaxinar os personaxes él, serían así.
Falounos do moito que lle gustaba ler e escribir cando era pequeno e invitounos a seguir mergullándonos no mundo da lectura.

Algúns alumnos e alumnas ao chegar á clase ofrcéronnos as súas opinións sobre él:

“Engancha, fai que te intereses polo que está dicindo” (Andrea)
“Unha persoa con principios e fiel ao que pensa” (Pepe O.)
“Moi crítico coa realidade”(Oscar)
“Comprometido cos problemas sociais e coas inxustizas”
“Moi asequible, humilde e sincero” ...



¡Grazas Marcos pola túa visita e por todos os consellos que nos ofrecíches!




6/4/08

ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Os días 3 e 4 de abril, celébráronse os Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares, en Sanxenxo

O noso centro foi seleccionados no seu momento e cada ano a asesoría de Bibliotecas invítanos a participar nestes encontros coas outras bibliotecas do PLAMBE.Foron dúas xornadas cheas de ponencias, ideas, intercambios de experiencias, obradoiros, risas…




Estiveron con nos, grandes profesionais de distintos lugares de España e de Portugal. : José A. Camacho, María de Lourdes Dionisio, Manuel Bragado, Antón Castro, Charo Pita, José Fariña, José L. Barreiro, Villar Arellano, José Manuel Luque, Laura Borrás Castanyer e Gonzalo Moure.

Estes encontros, unha vez máis, permitíronnos mellorar a nosa formación e recoller ideas para seguir a traballar con ilusión na nosa biblioteca.

Máis información no blog da asesoría de bibliotecas.