Con motivo do Día do Libro decidimos dedicar esta semana a tal conmemoración programando diferentes actividades:
- Exposición de libros feitos por eles ao longo de todo o curso.Será visitada polo alumnado e polas familias.
- Lectura de contos na biblioteca dos maiores aos pequenos.
- Visitas á Biblioteca Municipal.
- Concurso de marcadores de páxinas con algunha mensaxe que anime á lectura.
- Elaboración dun mural cos libros que deixaron pegada nos profes.
- "Libros ao patio".Sairemos a ler ao patio co noso libro favorito, profesorado e alumnado.
Iremos contándovos sobre estas iniciativas pouco a pouco dende aquí, e para celebrar este día deixámosvos cun proverbio árabe:
"Un libro é como levar un xardín no peto"
1 comentario:
A semana do libro gustame moito.
Publicar un comentario