30/1/09

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Durante a semana preparáronse diferentes murais que cubriron as paredes do noso centro, investigamos sobre personaxes que loitaron pola paz e incluso elaboramos un globo coa axuda do avó de Estefanía.
Está mañá realizamos un acto simbólico pedindo a PAZ: enchemos as columnas de desexos e reflexións, cantamos e bailamos todos xuntos a canción “No dudaría” e os maiores leron o manifesto .
Intentamos facer voar o globo cunha mensaxe de paz pero non puido ser xa que polo vento rompeu antes de empezar a voar, Enrique explicounos as causas e díxonos que teremos que intentalo outro día.

Grazas Enrique pola axuda!!


Foi un día moi especial!!!


29/1/09

30 DE XANEIRO: CONSPIRACIÓN POLA PAZ


PAZ?????????????
PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.

Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.

Utopía imposíbel.

Palabra que xera poesía.

Poesía? Poesía e Paz.


Esta é a nosa proposta:un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela.

O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.

Tanques de algodón
Armas de caramelo
O noso soño
O noso desexo
A nosa conspiración.


A continuación presentámosvos unha Antoloxía Poética Intercultural levada a cabo por algunhas Bibliotecas Escolares Galegas

POESÍAS PARA A PAZ

Hoxe presentámosvos unha pequena selección dos poemas que se presentaron no II Certame de Poesías para a PAZ.
Mañán no recreo, na biblioteca, estarán os seus escritores léndoas. Esperámosvos!
Por agora disfrutade coa súa lectura.

28/1/09

MÚSICA PARA A PAZ : PAPEIS MOLLADOS




Que desgarradora verdade! Frustración e dor é o que atopan moitos inmigrantes cando logran vencer a auga. Descubren que a indiferencia e a discriminacion matan tanto como a agua salada. Basta de inxustizas!. Detras das nosas nacionalidades e a nosa cor, todos temos soños e ilusións dun mañán millor.
¡Poñámonos no seu lugar!

27/1/09

MÚSICA PARA A PAZ : AS MANS DO MUNDO



Como ben di a canción hai moitas clases de mans, boas e malas, mans nas que podes ver a verdade, mans que da gusto acariciar, mans que curan e mans que matan, mans que axudan, mans que maltratan, mans que escriben libros e contos...

Nos queremos mans que den sempre amor e paz.

25/1/09

5ª XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA






Non vos olvidedes que este mércores e xoves nos volvemos xuntar para falar, neste caso, do libro de "Matilda". Unha nena moi especial,coa que, seguramente máis dun de vos os sentíchedes identificados, refírome ao gusto pola lectura!

Esta semana falaremos do libro e a que ven xuntarémonos para ver a película e facer comparacións co libro.


Esperámosvos!


22/1/09

NON LLE DIGAS NADA Á LÚA

Hoxe queremos invitarvos a ler este poema do escritor vigués Antonio García Teijeiro do seu libro LUEIRO DE PAPEL.


Non lle digas nada á lúa
que non te quere escoitar,

está a falar coa choiva,
a brétema e máis co mar.

Na conversa deles tres
estase a falar de PAZ
e tódolos tres arelan
botarlle á Terra unha man.

Cativos que pasan fame,
cidades contaminadas,

o lixo flota nos ríos,

as fragas xa non son fragas
.


Non lle digas nada á Lúa,
teñen pechado o salón,
non queren que chegue o día
sen atopar solucións.


Alba de 5ºA representouno así :




Que te suxire a ti?

21/1/09

IRMAUS

Dende o IES Alexandre Bóveda chéganos esta presentación sobre o poema "Irmaus" de Celso Emilio Ferreiro, do seu libro "Longa Noite de Pedra".Xa fan máis de 50 anos da súa publicación e as súas palabras seguen estando de plena actualidade.


II CERTAME DE POESÍA PARA A PAZ




SE VERSOS CHE GUSTA CREAR

E QUERES PARTICIPAR

ESCRÍBENOS UN POEMA

EN GALEGO, INGLÉS OU CASTELÁN TANTO DÁ,

QUE O TEMA SEXA A PAZ

PERO TERALO QUE ENTREGAR

O LUNS 26 O MÁIS TARDAR

E UN AGASALLO HABERÁ

PARA QUEN COAS SÚAS PALABRAS

A
PAZ FAGA VOAR

NA BIBLIOTECA DEBERALO DEIXAR !!!

20/1/09

ASTRONOMÍA E CALENDARIO



Sabías que…

O calendario tivo o súa orixe na necesidade dos pobos, de dividir o tempo? .

Baseáronse na observación dos movementos dos astros máis cercanos ao noso Planeta : O sol , a Lúa…e estableceron , os días , os meses, o ano...


Hoxendía utilizamos moito o calendario para consultar días sinalados coma o noso aniversario, o noso santo , a festa da nosa parroquia...se falta moito para as vacacións…


Pois ben , que vos parece se ao longo do ano, ímos construíndo un calendario ilustrado, coa vosa axuda, que recolla as festas e romarías do noso entorno máis cercano, pero …máis difícil todavía!!...


Poñemos unha condición!! :


Teremos que engadirlle a un refrán popular de cada mes, unha rima inventada entre toda a clase, que fale das festas ou romarías que haxa , ese mes, nalgunha das nosas parroquias .


Queres colaborar?


Pregunta na casa se coñecen algún refrán sobre os meses do ano ou algún dito sobre as festas que hai na túa parroquia e dillo á túa mestra ou mestre.


Hoxe comeza o curso de 5º A ,con DESI como ilustradora.

Empezamos o ano 2009 con moito frío¡! así que aí vai o seguinte refrán... adicado á parroquia de Xinzo..


“No mes de xaneiro

pon os pés no braseiro”…

E tamén os podes quentar

indo polo 20 a Xinzo...

a bailar !!

na festa de S. Sebastián!!”




18/1/09

NON DUDAMOS EN DEFENDER A PAZ

A canción escollida para o Día da Paz é "No dudaría", unha das cancións máis populares de Antonio Flores. 'No dudaría' é un grito contra a violencia, unha canción desesperada, un grito de arrepentimento polas consecuencias que trae o uso da violencia… unha chamada para crer que é necesario evitala para estar en paz cun mesmo .

Fagamos desta cancion unha realidade levándoa á practica no noso día a día.

¡¡Viva a paz e abaixo a violencia!!



Si pudiera olvidar
Todo aquello que fui
Si pudiera borrar
Todo lo que yo vi
No dudaría
No dudaría en volver a reír

Si pudiera explicar
Las vidas que quite
Si pudiera quemar
Las armas que use
No dudaría
No dudaría en volver a reír

Prometo ver la alegría
Escarmentar de la experiencia
Pero nunca, nunca mas
Usar la violencia

Si pudiera sembrar
Los campos que arrasé
Si pudiera devolver
La paz que quité
No dudaría
No dudaría en volver a reír

Si pudiera olvidar
Aquel llanto que oí
Si pudiera lograr
Apartarlo de mí
No dudaría
No dudaría en volver a reír

Prometo ver la alegría
Escarmentar de la experiencia
Pero nunca, nunca mas
Usar la violencia

Fuente: musica.com

Antonio Flores

16/1/09

PALESTINA

Vía Trafegando Ronseis, chéganos este vídeo sobre Palestina.

Con él queremos amosar a nosa repulsa ante tanto horror.





12/1/09

VAI ESTALAR A PAZ

No colexio xa estamos preparando algunhas actividades especiais en torno a PAZ.
Xa sabemos que todos os días terían que ser de PAZ, pero moitas veces non é así.
Para ver se tes un pensamento pacifista propoñémoste este xogo que atopamos na rede,
preme no debuxo para empezar a xogar.


9/1/09

COMENZA O RECUNCHO DE DON MOUCHO




Polo que nos contáchedes estos días xa sabemos que vos trouxeron moitos libriños neste Nadal ,a moitos de Gerónimo Stilton, que xa sabemos que é un dos vosos personaxes favoritos, e tamén de Astronomía.

Don Moucho está moi contento.

Agora, preparádevos,porque neste segundo trimestre comezamos coas preguntas do “RECUNCHO DE DON MOUCHO”, este vindeiro luns, e estade atentos porque este ano xirarán ao redor da Astronomía.


Busca, investiga e atoparás a resposta!!



NEVOU SOBRE PONTEAREAS


¡Non! ¡Claro que non! ¿Cómo imos falar doutra cousa, se pode que sexa a única vez en moito tempo que teñamos tal ocasión? Porque hoxe nevou sobre Ponteareas , algo histórico. Este sí que foi un acontecemento: nevou por primeira vez en 15 anos. E tivemos a ocasión de ver iso que ata agora era como unha idea de película: o noso patio cuberto por unha máxica capa blanca.
Todos saímos ao patio a disfrutar das sensacións que nos producía a neve. Os pequenos querían comer as folerpas e os maiores querían facer os anxos na neve."O meu sono feito realidade", dicía María, "isto sí que é sorte","non me imaxinaba a que sabía a neve", dicían outros.

Así que, amigos, todavía estades a tempo: hoxe ou mañán ler un bo libro, inventar un conto, un poema… e despois recordaredes que foi aquel día en que nevou sobre Ponteareas.
Todos o recordaremos, ides ver


Deixámosvos este madrigal de Rafael Alberti para que o disfrutedes en tal día como hoxe, se o queredes escoitar só tedes que clicar sobre o título

Madrigal de Blanca-nieve



Blanca-nieve se fue al mar.
¡Se habrá derretido ya!

Blanca-nieve, flor del norte,
se fue al mar del mediodía,
para su cuerpo bañar.
¡Se habrá derretido va!

Blanca-nieve, Blanca-y-fría,
¿por qué te fuiste a la mar
para tu cuerpo bañar?

¡Te habrás derretido ya!



De: Marinero en tierra




1/1/09

XORNADAS DE ASTRONOMÍA



Fai algunhas semanas estivo instalado no noso cole un Planetario cedido pola Deputación para disfrutar dunhas xornadas de Astronomía. Os asistentes puideron contemplar a posición das constelacións e planetas, as súas figuras e formas mitolóxicas... Pablo falounos sobre a Terra e os seus movementos, o Sistema Solar, cometas e asteroides, etc.


¡Cantas cousas aprendimos e cantas nos quedan por aprender!

¡Grazas Pablo por contaxiarnos o teu entusiasmo!




FELIZ ANO 2009, ANO DA ASTRONOMÍA





Hoxe empeza o Ano Internacional da Astronomía polo que imos disfrutar de moita astronomía e moito ceo no 2009 en moitos países. O lema é Acercar o universo á Terra, como un xeito de celebrar o 400 aniversario da primeira vez que Galileo Galilei, utilizou o telescopio para mirar o ceo.
A astronomía pode abrirnos a porta a un mundo apaixonante de misterios e de coñecemento.

Feliz 2009 e ¡disfrutade do ceo!