22/1/09

NON LLE DIGAS NADA Á LÚA

Hoxe queremos invitarvos a ler este poema do escritor vigués Antonio García Teijeiro do seu libro LUEIRO DE PAPEL.


Non lle digas nada á lúa
que non te quere escoitar,

está a falar coa choiva,
a brétema e máis co mar.

Na conversa deles tres
estase a falar de PAZ
e tódolos tres arelan
botarlle á Terra unha man.

Cativos que pasan fame,
cidades contaminadas,

o lixo flota nos ríos,

as fragas xa non son fragas
.


Non lle digas nada á Lúa,
teñen pechado o salón,
non queren que chegue o día
sen atopar solucións.


Alba de 5ºA representouno así :




Que te suxire a ti?

No hay comentarios: