20/1/09

ASTRONOMÍA E CALENDARIO



Sabías que…

O calendario tivo o súa orixe na necesidade dos pobos, de dividir o tempo? .

Baseáronse na observación dos movementos dos astros máis cercanos ao noso Planeta : O sol , a Lúa…e estableceron , os días , os meses, o ano...


Hoxendía utilizamos moito o calendario para consultar días sinalados coma o noso aniversario, o noso santo , a festa da nosa parroquia...se falta moito para as vacacións…


Pois ben , que vos parece se ao longo do ano, ímos construíndo un calendario ilustrado, coa vosa axuda, que recolla as festas e romarías do noso entorno máis cercano, pero …máis difícil todavía!!...


Poñemos unha condición!! :


Teremos que engadirlle a un refrán popular de cada mes, unha rima inventada entre toda a clase, que fale das festas ou romarías que haxa , ese mes, nalgunha das nosas parroquias .


Queres colaborar?


Pregunta na casa se coñecen algún refrán sobre os meses do ano ou algún dito sobre as festas que hai na túa parroquia e dillo á túa mestra ou mestre.


Hoxe comeza o curso de 5º A ,con DESI como ilustradora.

Empezamos o ano 2009 con moito frío¡! así que aí vai o seguinte refrán... adicado á parroquia de Xinzo..


“No mes de xaneiro

pon os pés no braseiro”…

E tamén os podes quentar

indo polo 20 a Xinzo...

a bailar !!

na festa de S. Sebastián!!”




No hay comentarios: