9/1/09

COMENZA O RECUNCHO DE DON MOUCHO




Polo que nos contáchedes estos días xa sabemos que vos trouxeron moitos libriños neste Nadal ,a moitos de Gerónimo Stilton, que xa sabemos que é un dos vosos personaxes favoritos, e tamén de Astronomía.

Don Moucho está moi contento.

Agora, preparádevos,porque neste segundo trimestre comezamos coas preguntas do “RECUNCHO DE DON MOUCHO”, este vindeiro luns, e estade atentos porque este ano xirarán ao redor da Astronomía.


Busca, investiga e atoparás a resposta!!