9/1/09

NEVOU SOBRE PONTEAREAS


¡Non! ¡Claro que non! ¿Cómo imos falar doutra cousa, se pode que sexa a única vez en moito tempo que teñamos tal ocasión? Porque hoxe nevou sobre Ponteareas , algo histórico. Este sí que foi un acontecemento: nevou por primeira vez en 15 anos. E tivemos a ocasión de ver iso que ata agora era como unha idea de película: o noso patio cuberto por unha máxica capa blanca.
Todos saímos ao patio a disfrutar das sensacións que nos producía a neve. Os pequenos querían comer as folerpas e os maiores querían facer os anxos na neve."O meu sono feito realidade", dicía María, "isto sí que é sorte","non me imaxinaba a que sabía a neve", dicían outros.

Así que, amigos, todavía estades a tempo: hoxe ou mañán ler un bo libro, inventar un conto, un poema… e despois recordaredes que foi aquel día en que nevou sobre Ponteareas.
Todos o recordaremos, ides ver


Deixámosvos este madrigal de Rafael Alberti para que o disfrutedes en tal día como hoxe, se o queredes escoitar só tedes que clicar sobre o título

Madrigal de Blanca-nieve



Blanca-nieve se fue al mar.
¡Se habrá derretido ya!

Blanca-nieve, flor del norte,
se fue al mar del mediodía,
para su cuerpo bañar.
¡Se habrá derretido va!

Blanca-nieve, Blanca-y-fría,
¿por qué te fuiste a la mar
para tu cuerpo bañar?

¡Te habrás derretido ya!



De: Marinero en tierra




1 comentario:

O Segrel do Penedo dijo...

Claro que non olvidaredes tan facilmente este día. Aí tedes esa foto ben preciosa coa neve por primeira vez!!!
Só por esa marabillosa experiencia, xa paga a pena o frío que pasáchedes, non si?
Apertas quentiñas dende Fene!!