30/9/08

PRESENTACIÓN DO CLUB DE LECTURA


Poñemos en marcha de novo o noso Club de Lectura. Sabemos que moitos disfrutades cos libros, así que esta actividade axudaravos a disfrutar aínda máis.
Se queredes participar esperámosvos este venres no recreo, na biblioteca.
Terás algo máis que compartir cos teus compañeiros.


¡¡Apúntate!! ¡¡Non te quedes fóra!!

24/9/08

FORMANDO USUARIOS


Hoxe comezamos coas visitas dos de primeiro para asistir a unha sesión explicativa sobre a organización, contidos e funcionamento da biblioteca.

Tratáronse os seguintes aspectos:
- Situar e identificar a biblioteca no centro.
- Coñecer os diferentes espacios e a organización da biblioteca.
- Distinguir os diferentes soportes documentais dispoñibles (cd, libro, revista...).
- Distinguir a cor dos seus libros e estantería.
- Coñecer e respetar as normas sinxelas de comportamento e uso .
- Manipular os libros axeitadamente.

- Iniciar no hábito do préstamo individual

Que atentos estaban!





16/9/08

MARCOS CALVEIRO GAÑADOR DO PREMIO O BARCO DE VAPOR 2008



Marcos Sánchez Calveiro resultou gañador da 24 edición do Premio O Barco de Vapor coa súa última novela O canto dos peixes. Unha obra que relata a amizade dun mariñeiro e un neno.


Dende aquí queremos darlle a nosa máis sincera noraboa a este gran escritor, co que o ano pasado puidemos disfrutar da súa obra O carteiro de Bagdad e da súa presenza.


¡Felicidades Marcos!

4/9/08

COMENZAMOS UN NOVO CURSO


Os recordos do verán, da praia, dos novos amigos aínda están recentes pero,¡ xa temos que empezar!

Xa estamos de volta con moitos proxectos e novidades.

Nuns días empezamos as clases e pronto abriremos as portas da BIBLIOTECA.

¡Esperámosvos!