14/2/09
O RECUNCHO DE DON MOUCHO ESTÁ DE ENTROIDO
No corredor principal do colexio, moi preto da Biblioteca, puxemos un mural con informacións interesantes sobre o Entroido tradicional en Galicia. LÉDEAS CON MOITA ATENCIÓN... pois as respostas ás preguntas de “O RECUNCHO DO MOUCHO” atoparédelas nel.
ESTAS SON AS PREGUNTAS:
1ª.-SABES DE ONDE É TÍPICO O DISFRAZ DE CIGARRÓN E PELIQUEIRO?
2ª.- ONDE SE SUPÓN QUE ESTÁ A ORIXE DESTES DISFRACES, SEGÚN O ESCRITOR FERMÍN
BOUZA BREY ?
3ª.-SABES CANTO PESAN AS CHOCAS QUE LEVAN COLGADAS OS CIGARRÓNS?
4ª.-QUE LEVAN NAS MANS AS PANTALLAS DE XINZO?
5ª.-QUE DECORACIÓNS UTILIZAN NAS CARAUTAS DAS PANTALLAS DE XINZO?
6ª.-EN QUÉ POBO DE GALICIA É TÍPICO O DISFRAZ DE MADAMAS E GALÁNS?
7ª.-QUÉ LEVAN COSIDO NOS SOMBREIROS DOS DISFRACES DE MADAMAS? CÁNTO CHEGAN A PESAR?
¡¡BUSCA, BUSCA E ATOPARÁS AS RESPOSTAS!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario