13/3/11

BOLBORETAS NO PAPEL

Durante todo o mes de marzo seguiremos falando, lendo e escribindo poesía. Hoxe invitámosvos a disfrutar desta poesía.
Mírase no espello,

con todas as cores

unha bolboreta

que viviu nas flores.

Mírase fermosa

Mírase belida tan chusca tan leve tan chea de vida.

Sobe e baixa e sobe

diante do espello.

El está ben canso

e séntese vello.

E séntese triste ao vela voar. Linda bolboreta, non te mires máis.

(C) Antonio García Teijeiro
Bolboretas no papel