8/4/10

APADRIÑA UNHA PALABRA



“APADRIÑA UNHA PALABRA” é un proxecto escolar dirixido a rescatar do esquecemento ou desuso palabras da nosa lingua a través da implicación de todos os sectores da Comunidade Educativa: alumnado, familias e profesorado.
Aproveitando que o ano 2010 foi proclamado pola UNESCO, ano da biodiversidade, queremos animar a protexer non só as especies do noso planeta , senón a nosa Lingua.
Convidámosvos a participar connosco neste exercicio colectivo de amor polo Galego, porque non costa nada e porque aínda estamos a tempo de non deixar no esquecemento palabras que formaron parte da vida dos nosos maiores e que por diversas causas están deixándose de utilizar.
Remexe na túa memoria, investiga no entorno familiar, nas tradicións e formas de vida que os maiores aínda lembran ...e envíanos co teu fillo/a, UNHA PALABRA que, pola súa beleza, sonoridade, orixinalidade, funcionalidade, ..., eles mesmos van apadriñar.
Explícanos o seu significado e contextos de uso , e todo aquilo que consideres de interese, para aumentar a eficacia deste traballo.
As palabras apadriñadas, recolleranse nun libro co nome do informante e formará parte da nosa Biblioteca.


GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE XA NOS FIXÉCHEDES CHEGAR AS VOSAS APORTACIÓNS!

1 comentario:

adelaida dijo...

Qué idea tan orixinal ! Dende logo a vosa imaxinación non ten límites! Bicos dende Belesar