Xa estamos no mes de outubro, o mes das bibliotecas escolares. Este ano é Marina Seoane quen ilustrou o lema proposto, unha ilustradora nacida en Madrid pero asentada xa hai tempo en Galicia, membro de AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).
O noso Cole non quere pasar este asunto por alto, así que aproveitamos este mes para promover actividades de comenzo de curso para abrir a nosa Biblioteca a todo o alumnado.
- Posta en marcha das mochilas viaxeiras
- Sesións de formación de usuarios
- Comenzo da Hora de Ler
- Concurso de debuxo: "Unha biblioteca imaxinaria"
Kristy, autora del canal klinderholm en YouTube , agradece nun precioso vídeo á Biblioteca Escolar do seu centro de primaria, que lle cambiase a vida… Está en inglés, pero merece a pena , se non sabes Inglés, déixate levar polas imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario