11/6/07

OS LIBROS QUE MÁIS NOS GUSTARON










Dende a Biblioteca, pedíronnos que lles digamos cales foron os libros que máis nos gustaron, dos que limos durante este curso.Estos foron algúns deles.

Gústannos os libros de Gerónimo Stilton porque contan aventuras interesantes e graciosas, teñen debuxos en case todas as páxinas e letras de cores.¡Enganchan moitisimo!
Na biblio só temos ata o número 19 e xa falamos con Bea para que o cole merque o resto da colección.

Giovanni, Pedro, Lidia, Débora, Martín, Samuel, Javi, Aitor, Noelia e Ángel (3ºC)

Os libros do "Capitán Calzoncillos" gústannos porque te contan historias para partirte de risa, teñen debuxos moi divertidos, incluso hai algúns que parecen que se moven se pasas as follas rápido.

Mar e Natalia (3ºC)

Os meus libros favoritos foron os de Kika Superbruxa porque son moi divertidos. O seu irmán Dani é moi trasto. ¡Os seus debuxos son moi chulos!

Xavi (3ºC)

As aventuras de Junie B. Jonnes son moi simpáticas e graciosas, por iso eu recomendovos que os leades.

Carmen (3ºC)

Gustáronme os libos das Crónicas de Narnia porque son entretidos e non te cansas de lelos

Christian (3ºC)

Os nosos libros favoritos son as Memorias de Idhún, de Laura Gallego.

Diego (4ºA), Pepe Ocampo (5º C) e Marco (5ºC)

O libro que máis nos gustou foi Fairy Oak, e xa estamos desexando poder ler os seguintes desta escritora.

Sara e Andrea (5º C)

Estábamos desexando a chegada dos Megatoxos á nosa biblioteca dende que nos visitou Anxo Fariña.Agora que xa o limos xa podemos recomendalo. É un libro cheo de aventuras e de emoción.
Christian (3ºC) e alumado de 5º A

No hay comentarios: