16/11/09

CHEGOU PAULA CARBALLEIRA








Hoxe tivemos a grandísima sorte de contar coa escritora Paula Carballeira.
Foi impresionante chegar á clase de 4ºB con ela, dos que representaron a súa obra "O Lobishome", e de súpeto oír berraren a todos:Paula!!. Quedei sen palabras ao ver as súas caras de entusiasmo. Non a presentamos, porque sentimos que sabían todos eles máis dela ca nós. Era de verdade!!!

Todo foi moi doado porque Paula é unha persoa moi sinxela e próxima.
Despois tivo a xuntanza co club de lectura e ao final pasamos ao ximnasio onde lle fixemos un pequeño acto, con recitado de poesías dela, pequena escenificación da obra de “O Lobishome”e algunha sorpresa máis . Cando rematou, pedimos que nos contase un conto.. É incrible como nos emocionou!


Grazas Paula por contaxiarnos do teu amor polas palabras e polos libros.



3 comentarios:

Susana Lamela dijo...

¡Que pena que non puiden ir!!!

Brea Segade dijo...

A nós nos apetece moito traer a Paula Carballeira a Taragoña, é unha das nosas autoras e contadoras de contos favoritas. A vosa crónica anímanos aínda máis.
Unha aperta desde a Biblioteca Brea Segade.

bibliotecadocole dijo...

Moi ben por eses nenos e nenas que se entusiaman con unha escritora.Deben ter unhas profes estupendas!!!
Saúdos dende Moaña