1/11/09

O SAMAÍN EN EDUCACIÓN INFANTIL


Polo Samaín vimos organizando dende a biblioteca o certame de relatos de medo. Pero queríamos facer tamén partícipes aos máis cativos desta festividade dándolle unha proposta nova:

QUE ME DA MEDO?

O obxectivo desta actividade era identificar e recoñecer os propios medos. Cada neno escribiu e debuxou o seu medo particular. Os máis comúns foron: ás bruxas, á escuridade, ás arañas, aos lobos, crocodilos, leóns, pantasmas, vampiros e monstros.


Aquí tedes unha pequena mostra das respostas.








1 comentario:

Leo dijo...

¡Que marabillosos eses medos que se poden debuxar!
Contra os medos...¡moitos contos!