16/3/09

SOÑOS DE ANDEL



Hoxe recibimos unha visita moi especial, a de Susana Lamela. Moitos de vós a recordábades xa que estivo o pasado curso como profesora no noso cole. Veunos dar unha gran sorpresa, presentarnos o libro que lle acaban de publicar.Agasallou aos seus antiguos alumnos e alumnas cun exemplar adicado para eles e deixounos outro para a biblioteca.
Comentounos que tiña escrita esta historia dende fai varios anos, pero non se decidiu a sacala á luz ata que lla contou aos seus alumnos do ano pasado e deuse conta que lles interesaba.
Nunha vila, chamada Lemoito, existía unha biblioteca feiticeira á que acoden moitos nenos.Nesa biblioteca vive un libro, Ani, que pasa os días no seu andel esperando que alguén o saque daquel lugar.
Moitos xa puidemos disfrutar desta historia e recomendámosvos a súa lectura.

Grazas Susana!!!


1 comentario:

Susana Lamela dijo...

Moitas grazas a vós!!!!
Non podedes imaxinar a ilusión que me fai poder compartir este libro cos meus compañeiros e compañeiras do ano pasado e cos meus pequerrechos de 1ºD.
Vémonos axiña!!!!
Bicos