24/4/09

SOÑOS DE ANDEL



Esta semana tivemos a sorte de contar unha vez máis con Susana Lamela, para ler o seu libro, Soños de Andel, aos nenos e nenas de segundo de Primaria.

Falounos da vila de Lemoito, da súa biblioteca engaiolante e da historia de Ani. Ani é un libro contristado que pasa a vida no seu andel esperando que algún rapaz ou rapaza o leve de viaxe ás súas casas.El tamén ten moitas cousas que ofrecer:


“Eu teño historias de aventureiros

que descobren alén do mar,

historias de malvados piratas

que agochan fantásticos tesouros,

historias de mulleres que son quen

de rubir polos edificios

sen a axuda nin dunha corda,

historias de ladróns ousados

que atrancan bancos

e de valentes policías que deteñen ladróns,

mesmo historias de doncelas tan belas

coma un alaranxado solpor”


Houbo sorteo de varios exemplares deste libro, momento que se aproveitou para que ela os asinara. O seu curso do ano pasado agasallouna cunha recopilación de debuxos que fixeron con diferentes momentos do libro.

Disfrutamos duns momentos inolvidables con Susana e logo amosámoslle a exposición que fixemos coas portadas dos libros favoritos do noso alumnado.Os nosos corredoiros convertíronse en numerosos andeis de Lemoito.


¡¡¡Grazas Susana unha vez máis pola túa presenza!!!


2 comentarios:

Celia dijo...

Temos un agasallo para vós en Unha lagoa de libros.
Saúdos desde Ourense.

Susana Lamela dijo...

Ohhhh!!!!!
¡Que bonito!!!
Para min o feito de poder compartir con vós un anaquiño dos meus Soños de andel é unha experiencia que sempre lembrarei.

Só me esquecín dunha cousiña, que supoño se poderá solucionar.

¡Non puxen no meu libro o selo da biblioteca!! E é que quero poñer os selos de todos aqueles lugares aos que Ani viaxe.

Moitísimas grazas por tratarme con tanto agarimo.