29/4/09

UN SORPRENDENTE ACHADO NA BIBLIOTECA





Ola amiguiñ@s:

Xa sabedes que na escola celebramos no mes de abril unhas xornadas adicadas a ese mundo marabilloso da palabra e do debuxo, da lectura e da imaxinación. É o DÍA DO LIBRO. Foron momentos moi especiais: Exposicións; a volta de Susana Lamela, co seu belo libro recén saído da imprenta; as visitas á Biblioteca Municipal da “Perillana”, a presentación da campaña “A escola noutros países” con diseños exclusivos montados para o evento e moitas cousas máis.
Non podiamos deixar de comentalo para non esquecer endexamáis esa maxia que posúen os libros e o que se disfruta con eles. Pero esta carta pretende contar algo máis, un suceso estraño que aconteceu na nosa Biblioteca Escolar.

Resulta que, ninguén sabe de onde, apareceu un cestón cheo de libros de moitas clases e cores; non ten enderezo de saída, nin remitente, nin nada parecido. Son libros para nen@s, hainos grandes e pequenos, con pastas duras e brandas, con pouca e con bastante letra, troquelados, mesmo hai varios da mesma colección, ata hai un exemplar con forma de casiña cun elefante de peluche dentro. O máis curioso de todo é que están bastante usados pero ningún roto. Semellan haber pasado por moitas mentes antes de ficar aquí, por moitas “batallas”, de ter engaiolado a moit@s nen@s e a moitos pais e nais cando foron lidos e relidos.
Non sei, quizáis algún trasno lector, Don Moucho, un rato de biblioteca… un “león” indomable, tal vez. Ou ao mellor un neno ou nena xa aburrida de ler os mesmos volumes sempre. Unha doazón interesante, non credes?
Agora deberiamos pensar que imos facer co lote porque se ninguén o reclama como parece que vai ocurrir teremos que rexistralos como tantos outros e coidalos para sempre.E acariñalos e lelos, claro. Unha e outra vez.

Grazas ao noso amigo invisible. E que se repita moitas veces a mesma historia.



1 comentario:

BIBLIOCERVO dijo...

Un fermoso tesouro o que atopástedes, tratádeo ben e coidádeo para que o voso amigo invisible vos deixe máis.
Saúdos