8/2/10

AS ORDES DO MECO




OLLO CO MECO!!!

Hoxe luns, día 8 de febreiro , chegou o Meco ao colexio Fermín Bouza Brey. Para todos nós deixou o seguinte mandato:
“Eu son o rei do Entroido,
Meco danme en chamar;
obedece as miñas ordes ,
se ben o queres pasar.”

1. Martes moi ledo virás,
e algo na testa traerás.

2. Para o teu pescozo adornar,
algo divertido, o mércores,traerás.


3. Xoves, un mandil tes que traer,
para moitos doces facer.
Aqueles que non queiran
as miñas ordes cumplir,
mil desgrazas e mil dores,
todo o ano han sufrir!!!