24/2/10

ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO


Hoxe conmemórase o aniversario dunha das nosas grandes poetisas, Rosalía de Castro.Para conmemoralo deixámosvos un dos nosos poemas favoritos "Adios ríos, adios fonte".Pero... seguro que non sabedes que o poeta nipón Shozo Nakanishi fixo a tradución deste poema ao xaponés. Levoulle un total de dez anos para que os seus compatriotas puidesen chegar a entendelo porque asegurou que para él traducir non é só cambiar as palabras, senón tamén interpretar os sentimentos que se describen.
Disfrutade deste poema na voz de Amancio Prada.


1 comentario:

Bibliobelesar dijo...

Fermoso poema o de Rosalía. Grazas por lembrarnos a esa xenial poetisa: non podemos esquecer aos que loitaron pola nosa lingua. Bicos dende Belesar